martes. 03.06.2025
El tiempo

A Fundación Fernando Blanco continúa cas clases de reforzo

A Fundación Fernando Blanco continúa cas clases de reforzo

A Deputación Provincial da Coruña e a Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee asinaron, no pasado ano 2012, un convenio de colaboración destinado á realización dunha serie de actividades culturais ó longo do último trimestre do pasado ano e de todo o 2013 (exposicións, concurso literario, becas-premio Fernando Blanco ….).

Entre tódalas actividades desenvolvidas, quizáis a de maior relevancia, por todo o que conleva, sexan as clases de reforzo para un total de 20 nenos/as dos centros educativos de Cee onde se imparte a ESO (CPR Manuela Rial, IES Fernando Blanco e IES Agra de Raíces).
Unha idea que trata de continuar coa que, en definitiva, foi a última vontade do mecenas: "preocuparnos pola correcta formación dos máis débiles e necesitados, posto que como D. Fernando Blanco de Lema, nós somos conscientes de que a educación é un dos piares básicos sobre os que debe asentarse o desenvolvemento da nosa terra".

As clases, impartidas nunha academia, e sufragadas pola Fundación grazas ó convenio coa Deputación, comezaron no pasado mes de outubro de 2012, beneficiándose delas un total de 20 nenos/as. Este primeiro grupo de 20 rapaces estivo acudindo a clase ata o mes de xuño deste ano.

O pasado xoves, a Presidenta da Fundación, Zaira Rodríguez, e o Secretario da entidade ceense, Darío Areas, reuníronse cos pais e titores dos novos 20 alumnos/as seleccionados que acudirán de novo ás clases, desta volta entre os meses de xullo e decembro (que é cando remata o convenio entre as entidades).

A selección dos alumnos/as foi realizada, lóxicamente, polos orientadores dos tres centros de Cee nos que se imparte a ESO, que son realmente os que coñecen, de primeira man, a situación educativa e familiar de cada un dos beneficiados/as por estas clases gratuitas.

Relatos da Fundación

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Nota de prensa da Fundación Fernando Blanco.

Comentarios