Denuncian que XEAL non compra materia prima a pesar de que remata o ERTE
Hoxe venres volverán saír á rúa, volverán concentrarse ás 17:15 diante da fábrica de Brens para esixir o plan de viabilidade ao que obrigan as cláusulas, un calendario de rearranque dos fornos e que se fagan os investimentos necesarios nas plantas para garantir a viabilidade produtiva e o mantemento de todos os empregos. Se cadra farano máis preocupados que nunca ante a deriva que está tomando a dirección, que segue sen fornecerse de materia prima necesaria para recuperar unha actividade que a día de hoxe está ao menos do 10%.
O 28 de febreiro remata a vixencia do ERTE, "pero non sabemos como se vai retomar o traballo porque a empresa non está comprando materia prima para comezar a produción nos dous fornos que están parados, nin nos trasladou un calendario para o rearranque”, denuncia o Comité.
Denuncian, ademais da falta de mantemento das fábricas, a “redución de maneira alarmante os empregos, xa que non suple as xubilacións que se producen tanto por idade como por incapacidade”.
Un Comité que tamén pide accións á Consellería de Economía, Empresa e Innovación, que segue sen esixir o Plan de Viabilidade, e segue sen dar data para a reunión solicitada en varias ocasións.
En realidade, para o Comité, a intención da empresa é a “segregación de actividades, tal e como evidencia o recurso interposto ante o Tribunal Supremo”.
NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA
- 23-01-2021: Outro venres ás portas da fábrica de Brens esperando a chamada da Xunta.
- 15-01-2021: Os traballadores de XEAL denuncian que a produción das fábricas non chega ao 10%
- 13-01-2021: "XEAL volve evidenciar o seu único interese polo substancioso negocio enerxético”.
- 12-01-2020: As mobilizacións do Comité de XEAL volveron ás portas da fábrica
- Os traballadores de XEAL usan o lote de Nadal para dinamizar o comercio local.
- 29-11-2020: Os traballadores de XEAL seguen enchendo as rúas de loita social.
- 21-11-2020: Os traballadores de XEAL non descansan e manteñen o seu calendario de mobilizacións.
- 18-11-2020: O TSXG asegura a vinculación das fábricas e a produción eléctrica de XEAL.
- 14-11-2020: O persoal de XEAL segue esixindo, na rúa, o Plan de Viabilidade.
- Outubro 2020O Comité na rúa mentres XEAL asegura ter investido 6 millóns en seguridade nas fábricas.
- 23-10-2020: A Xunta confírmalle ao Comité que XEAL incumple as esixencia da administración.
- 16-10-2020: Conflito XEAL: Outro venres máis na rúa.
- 10-10-2020: As mobilizacións dos traballadores de XEAL poñen o foco na Xunta.
- 07-10-2020: Os traballadores de XEAL pídenlle aos rexedores que non fiquen “pasivos ante o desmantelamento das fábricas”.
- 02-10-2020: O Comité de XEAL pediulle á Xunta que actúe xa ante o "desmantelamento" das fábricas.
- 25-09-2020: “O que está a pasar nas fábricas da antiga Ferroatlántica é unha farsa e unha estafa”.