Elian Numa triunfa no Campionato de España de Clubs e pensa nas Olimpiadas
Segue competindo ao máis alto nivel o ceense Elian Numa. Aos seus 23 anos segue acadando triunfos meritorios como o acadado o pasado sábado en Zaragoza. Numa foi gañador co seu club, o FACSA Playas de Castellón, Encontro Europeo de ADN de Clubs, os 4x200m mixtos. O ceense foi protagonista sendo última posta dos relevos, e vencendo cunha solvencia absoluta.
O seu club ademais demostrou ser o mellor de España, facendo triplete nas categorías absoluta, sub20 e promoción.
Obxectivo, as Olimpiadas
Numa mira en fite as Olimpiadas de París2024.Conta coa problemática de que aínda empezou a entrenar ben fai pouco por mor dunha lesión. Pero esta adestrando a tope para poder colarse entre os representantes da seleccións española. Esta vindeira fin de semana vai ir a Sabadelle para facer a marca para o Campionato de España de Pista Cuberta, que se celebra en Ourense do 16 ao 18 de febreiro, e que será unha cita clave para o seu futuro inmediato.
HISTORIAL DE ELIAN NUMA
- Xaneiro 2023: Elian Numa segue rompendo marcas
- Xaneiro 23: Elian Numa e Xiana Lago volven triunfar nos Campionatos Galegos de Pista.
- Xullo 22: O ceense Elian Numa volve alcanzar a prata nos Campionatos de España sub23.
- Xullo 21: Elian Numa pecha unha colosal temporada colosal proclamándose Campion Galego Absoluto de 800m.
- Xullo 21: Elian Numa pechou unha temporada espectacular nos Europeos de Tallín.
- Xuño 21: Elian Numa repite como subcampión de España Sub23 nos 800m e pensa nos Campionatos de Europa
- Xuño 21: Xiana Lago bate o seu propio récord de lanzamento de peso sub18.
- Elian Numa volve clasificarse o Campionato de Europa coa Selección Española.
- Abril 21: Elian Numa supérase a si mesmo.
- Febreiro 21: Xiana Lago, subcampiona de España sub18 de peso; e Elian Numa campeón galego absoluto de 1500.
- Setembro 2020: Elian Numa, volve subir ao podio do Campionato de España sub23
- Marzo 2020: Elian Numa, candidato a mellor atleta galego sub23.
- Febreiro 2020: Elian Numa proclamouse subcampión de España sub23 e mantén a condición de Deportista Galego de Alto Nivel.
- Xullo 2019: Cee recoñece o encomiable palmarés, e o futuro, do seu atleta Elian Numa.
- Marzo 2019: Un campión de España e dous de Galicia para a familia deportiva de Cee.
- 2013: Elian Numa López campión galego nos 1000m obstáculos.
- 2013: Dous atletas do Olimpia proclámanse campións da zona .