Venres. 19.04.2024
El tiempo

#OPERACIÓNORQUESTA

Hoxe comeza o xuízo da Operación Orquesta

ÚLTIMA HORA (13.00) O xuízo da #OperaciónOrquesta queda suspendido ata que a xuíza da Audiencia Provincial da Coruña, analice a petición de nulidade do xuízo por parte das defensas pola susposta ilegalidade das escoitas.

Ramon Vigo detido na Operacion Orquesta-Foto-Marcos Rodriguez
Ramon Vigo sendo detido o 31 de xaneiro de 2011 na Operacion Orquesta-Foto-Marcos Rodríguez
Hoxe comeza o xuízo da Operación Orquesta

Este martes 12 de marzo de 2019 comeza o Xuízo da Operación Orquesta. A Audiencia Provincial da Coruña acolle esta semana esta causa, procedente do Xulgado de Instrución nº2 de Corcubión, pola que o alcalde de Cee, Ramón Vigo; un concelleiro, “Candiño”; dous empresarios, Ogando pai e fillo; un arquitecto, Leis C.; e un axente de orquestas, Jorge López, serán xulgados polos delitos de falsedade en documento oficial, prevaricación, suborno e exacciones ilegais.

Estes días faremos un seguemento especial dende a Audiencia, e iremos contando en tempo real como están sendo os xuízos.

Penas pedidas pola Fiscalía

O centro da trama, segundo a Fiscalía, é Ramón Vigo. As Dilixencias Previas piden un total acumulado de 21 anos de prisión e 47 de inhabilitación ao aínda alcalde de Cee, polos delitos descritos. Vigo saíu de prisión despois de ter aboado unha fianza de 29.000€, coicidente cunha entrega en man que lle fixeron os Ogando, e pesa sobre el unha posible multa de 87.000€.

Para os Ogando piden 9 anos de prisión e varias multas por máis de 100.000€, despois de pagar tamén unha fianza de 29.000€, po prevaricación, falsedade documental e suborno activo.

O Concelleiro Juan Bautista Areas Lestón “Candiño” ten enriba unha petición de 1 ano e 6 meses de prisión e inhabilitación e unha multa de 24.000€ ademais da fianza de 12.000 que tivo que pagar para saír de prisión.

Para Jorge López piden 2 anos e 9 meses de prisión por falsidade documental e a ao arquitecto 7 anos de inhabilitación por prevaricación.

As 5 partes da Operación Orquesta

A Operación distribúese en 5 casos:

O primeiro (A) é o relativo ás Festas da Xunqueira de 2009, cando o alcalde Ramón Vigo pediu ao empresario do mundo do espectáculo Jorge López (condenado ademais, en 2003, por narcotráfico nunha operación xunto co fundador da Olympus), a creación de facturas falsas (que xustificasen gastos pola contratación de Mago de Oz e Golden Appet Quarter, que foran xa pagados polos Ogando, en B, aos seus representantes oficiais.
Unhas facturas que debían servir para xustificar unha subvención que a Xunta nunca aprobou por non aceptar o “pago al contado” como alegaba o alcalde como forma legal.

A segunda parte (B) refírese ao procedemento de construción da Casa da Cultura de Cee, polo cal o alcalde, primeiramente realizou un concurso cun procedemento irregular, polo que daba o 85% da valoración a cousas subxectivas e só un 15% a datos obxectivos. Un xeito de asegurarse a adxudicación a dedo á empresa Ogando.
Ademais, Vigo adxudicou 3 obras fraccionadas en proxectos de menos de 200.000€ (para non ter que sacalos a concurso público), facendo que os Ogando mediasen con outras dúas empresas para que presenten unha oferta como mero trámite.
Ademais, tamén arredor da CCC fraccionáronse en 3 partes o que debería ter sido un único proxector de equipamento para o auditorio.
No marco destas adxudicacións, a Fiscalía asegura que Vigo recibiu 29.000€ dos Ogando, ademais do pago de varias das actuacións das Festas da Xunqueira, como Maria Dolores Pradera, Efecto Mariposa ou Manolo Tena.

A terceira parte (C) refírese ao primeiro contrato que realizou Ogando en Cee. A Fiscalía considera que as obras de implantación do céspede artificial no campo do San Paio de Refoxos foi adxudicada tras entregar 12.000€ en man a Candiño.

A parte 4ª (D) refírese ás multas que Vigo “ordeou” retirar a un Policía Local para facerlle un favor a un amigo.

E a parte 5ª (E) conta unha práctica pola que o alcalde Vigo convertiu en diñeiro A todo o recaucado nas barracas da Xunqueira. Así, dos máis de 40.000€ recaudados polos postos e barracas, apenas 759€ foron realizados de xeito legal.

Un xuízo antes das eleccións

Despois desta semana de xuízo espérase que a sentenza chegue antes das Eleccións Municipais. Se ben a principios de abril podería estar xa ditada a sentenza, ao ter cabida de recurso a cousa poderíase retrasar.

Repaso completo á Operación Orquesta

Repaso ao sumario da Operación Orquesta

Comentarios