xoves. 07.11.2024
El tiempo

O BNG explica en Cee as súas propostas para a reforma das pensións

O BNG explica en Cee as súas propostas para a reforma das pensións
Este venres 21 de xaneiro, o Deputado nacionalista Fernando Blanco acudirá ao concello de Cee, para explicar nun acto público as alternativas e propostas do BNG ante as reformas económicas e sociais que está a levar a cabo o goberno de Zapatero, apoiado pola Xunta de Galiza de Feijoo. O evento terá lugar o venres 22 no salón de actos do concello ás 20.30 da tarde. O BNG afirma que "o actual sistema de pensións é sólido e solvente, e tamén que poden ser necesarias algunhas reformas no mesmo, pero as mesmas deben servir para corrixir os aspectos regresivos que contempla o Pacto de Toledo, pacto apoiado polo PP e polo PSOE, e que supuxo o primeiro paso para o retroceso do carácter público do Sistema de Pensións". Polo tanto "o BNG oponse frontalmente á reforma tal como a ten anunciado o goberno do Estado".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG comarcal, da man do seu resposable Oscar Insua.

Comentarios