Luns. 23.09.2019
El tiempo

Salvacadelos segue medrando

Salvacadelos segue medrando
Salvacadelos naceu co fin de ser unha plataforma para atopar o fogar dos cans e gatos perdidos pola zona sur da Costa da Morte Salvacadelos naceu como unha plataforma para atopar o fogar dos cans e gatos perdidos na zona sur da Costa da Morte O perfil de Facebook de Salvacadelos está cheo fotos de cans e gatos. Con máis de 4000 fans, as súas publicacións poden chegar a ser compartidas por 100 persoas. O cal lle axuda a que se cumpra o seu obxectivo: a procura dun fogar para os animais abandonados. Aló polo ano 2010, a clínica veterinaria Argos de Cee e Que Pasa na Costa uniron sinerxias das cales naceu Salvacadelos co fin de devolver ao seu fogar as mascotas - principalmente cans - que chegaban á Fisterra seguindo aos peregrinos despois de perder o rastro da súa casa. O proxecto conta co patrocinio de Stolt Sea Farm e Prodemar.   salvacadelos   Como é de imaxinar, detrás do proxecto escóndese o gran traballo do equipo de veterinarios da clínica Argos xa que os animais soen chegar con medo, sen microchip e con fame de varios días. Pero as cifras abalan o bo traballo que se está a facer. No que vai de ano, chegaron a Salvadelos 41 mascotas - cans e gatos adultos principalmente -. Quince deles foron reclamados polas súas familias ao ver a publicación no facebook de Salvacadelos. Concretamente en dous casos, a familia tardou menos de cinco minutos en poñerse en contacto con Salvacadelos para reclamar a súa mascota. Pero, ¿que pasa cando non os reclaman?. "Por cuestions legais, hai que esperar 20 días. Transcurrido ese tempo, intentamos buscarlle unha familia nova", explica Silvia - unha das veterinarias da clínica Argos e alma mater do proxecto -. E consígueno, xa que os outros 26 animaliños xa atoparon un novo fogar. Polo que o índice de colocación é do 100%. A día de hoxe seguen buscando familia un macho, unha familia e varias camadas de gatos. Curiosidades Tuki volve a reencontrase coa sua familia despois de que se publicara a sua foto no facebook de Salvacadelos Tuki reencontrouse coa súa familia despois de que se publicara a súa foto no facebook de Salvacadelos "Curiosidades e anécdotas temos moitas", din dende Salvacadelos. Unha das máis recentes foi o pasado mes de agosto cando unha familia madrileña veu pasar as súas vacacións á Costa da Morte xunto coa súa mascota, Tuki. Un día antes de que remataran os seus días de descanso, este paxaro saiu fora e perdeuse. Había nordés e comezaban os incendios pola zona, así que a familia regresou a Madrid despois de buscalo durante horas. O azar quixo que Tuki se pousaxe días máis tarde no brazo dun señor da Ameixenda que, sen saber moi ben que facer, decidiu levalo á clínica Argos. Non había rexistro en ningún lugar da numeración da anilla, así que o equipo de Salvacadelos decidiu publicar a foto de Tuki na súa páxina de Facebook. Tan só quince minutos máis tarde, recibiron unha chamada de Madrid. Era a familia de Tuki. Así, que non o dudaron e á mañá seguinte xa estaban en Cee para recoller o animal. "A alegría do paxariño ao ver a súa familia así como a de todos estes canciños que se reencontran cos seus donos compensa todo o noso traballo", sentencia Silvia.  

Campaña de concienciación de Argos e Salvacadelos

Máis información de Salvacadelos

Salvacadelos é unha iniciativa solidaria desenvolta na rede por QPC e posta en marcha pola Clínica Veterinaria Argos de Cee e patrocinada por Stolt Sea Farm e Prodemar. Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios