Suso Bahamonde lanza o seu propio certame de microrrelatos pandémicos

09:35 29/04/20
Marea de concursos literarios estes tempos de confinamento. Concellos, asociacións e mesmo autores queren animar á veciñanza a poñerse a escribir. Como Suso Bahamonde, que lanza o I Certame de Microrrelatos Pandemia 2020.
Son textos de de 100 a 150 palabras, entre as que ten que estar a palabra “VIRUS”, e serán escritos en galego ou portugués. Serán enviados a susobahamonde78@gmail.com.
O 9 de maio é a data límite para presentar os relatos. E antes de finalizar maio darán a coñecer os tres gañadores, que levarán un exemplar asinado de “Caída”, o seu último poemario, un marcapáxinas artesanal de Xilandeir@, unha botella de viño terra brava e un exemplar de “Amantes”, o libro de María Lado.
Boten un ollo ao punto 8 das bases… ;-)
Novas relacionadas
- Suso Bahamonde: “Non, "Caída" non é un poemario para tirar foguetes de alegría”.
- Os Amantes de María Lado.
Concursos resoltos
- O estudante Jesús Miguel Goimil Ares gaña o I Concurso de microrrelatos #carballomola.
- O laxense Alberto Lago gaña o I Concurso de Contos Mariños
Outros Concursos en marcha
- Carballo conta o que ve dende a súa ventá.
- Malpica implica á rapazada a enviar #CartasconAlma ás persoas hospitalizadas.
- A Olería de Buño propón un novo certame de pintura.
- Bo momento para prepara o teu traballo para o Certame de videos, podcast e regueifas de AMEGA.
- Un concurso de microrrelatos para pasar a corentena
- Naufraxios Galegos convoca o primeiro concurso de Contos Mariños