Talía Teatro, entre os 14 finalistas aos Premios María Casares

Volven aos Premios de Teatro María Casares. A compañía costeira Talía Teatro estará presente na Gala da XXVI edición dos premios do teatro galego, que se celebrará o 2 de xuño no Teatro Rosalía Castro da Coruña, con “A parábola do angazo”. A obra optará ao Premio ao texto orixinal, feito entre Araceli Gonda, Marta Lado, Jose Prieto, Diego Rey, Séchu Sende e Artur Trillo.
Así o anunciaba onte a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) onte na Festa de Finalistas da Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia. Son 14 os espectáculos clasificados para a gran final, sendo os os espectáculos de ‘Othello’, de Voadora, e ‘Cigarreiras’, de Contraproducións e Teatro Romea, os máis presentes con 8 candidaturas.
Precisamente, formando parte da obra de Contraproducións (espectáculo que tivo residencia e ensaios en Carballo) , atopamos dous finalistas costeiros máis: os ceenses Martina Cambeiro (que gañou en 2020 con Talía/) opta a dous premios: Mellor Vestiario e Mellor Maquillaxe; Dani Trillo (gañador en 2017) a Mellor escenografía; e Tamara Canosa, de familia costeira (Sardiñeiro e Camariñas), como finalista á Méllor Actriz Protagonista en Cigarreiras.

Relación de finalistas por montaxes
- 1. Cigarreiras, de Contraprodución e Teatre Romea (8 finalistas): espectáculo, dirección (Cándido Pazó), actriz protagonista (Tamara Canosa e Susana Dans), adaptación/tradución (Cándido Pazó), escenografía (Dani Trillo), vestiario (Martina Cambeiro) e maquillaxe (Martina Cambeiro).
- 2. Othello, de Voadora (8 finalistas): dirección (Marta Pazos); actor secundario (Hugo Torres), adaptación/tradución (Fernando Epelde), música orixinal (Hugo Torres), iluminación (Nuno Meira), escenografía (Marta Pazos), vestiario (Silvia Delagneau) e maquillaxe (Silvia Delagneau).
- 3. A lúa vai encuberta, Incendiaria e A Quinta do Cuadrante (7 finalistas): espectáculo, dirección (Tito Asorey), actor protagonista (Davide González), actor secundario (Tito Asorey), adaptación/tradución (Vanesa Sotelo), música orixinal (Davide González) e Iluminación (Laura Iturralde).
- 4. Terceiro acto, do Centro Dramático Galego (6 finalistas): espectáculo, actor protagonista (Roberto Leal e Eduardo R. Cunha ‘Tatán), actriz protagonista (Belén Constenla), texto orixinal (Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez) e escenografía (Marta Pazos)
- 6. Comando Comadres, de Matrioshka Teatro (2 finalistas): actriz secundaria (Anabell Gago) e maquillaxe (LaPelu F.Silva)
- 7. Quixote, de Pedras de Cartón (2 finalistas): vestiario (Diego Valeiras) e espectáculo infantil.
- 8. A parábola do angazo, de Talía Teatro (1 finalista): texto orixinal (Araceli Gonda, Marta Lado, Jose Prieto, Diego Rey, Séchu Sende e Artur Trillo).
- 9. Morgana en Esmelle, de Sarabela Teatro (1 finalista): actor secundario (Fernando Dacosta).
- 10. A cazola de Lola, de Tanxarina (1 finalista): música orixinal (Ailén Kendelman).
- 11. Soga e cinsa, de Aporía Escénica (1 finalista): texto orixinal (Diana Mera).
- 12. Seva me Servabo te, do Centro Dramático Galego (1 finalista): iluminación (Laura Iturralde).
- 13. Cubo, de Elefante Elegante (1 finalista): espectáculo infantil.
- 14. Hugo, de Os Náufragos Teatro (1 finalista): espectáculo infantil.
Novas de Talía Teatro
- 2022: Talía Teatro presenta o seu novo espectáculo “Morte Accidental dun Anarquista”.
- 2021: Talía Teatro estrea “A parábola do angazo”, que pecha a triloxía das obras referencias sobre a lingua
- 2020: Martina Cambeiro, de Talía Teatr, repite Premio María Casares.
- 2019: Os Premios María Casares traen tres galardóns para a Costa da man de Talía Teatro.
- 2018: Talía Teatro lembrou os 40 anos do teatro profesional na Gala dos XXII Premios de Teatro María Casares.
- María Casares 2012: Talía Teatro e Vicente de Souza traen dous novos premios á Costa duns María Casares máis reivindicativos ca nunca.