Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha Marea Nejra de punk costeiro

Unha Marea Nejra de punk costeiro
ROCK IN VIMIO

Encantados ficamos con esta proposta da Peña Deportiva Marea Nejra. Unha entidade que nace como apoio ao equipo de fútbol sala feminino Fisober, que milita en Liga Galega, e que propón unha cita ben bravú para conseguir fondos.

En marcha temos así o Rock in Vimio, unha auténtica chourizada punk con total acento costeiro. Unha noite de concertos con bandas da Costa da Morte que se celebrará, coa colaboración municipal, na Praza Castelao a partir das 21:00h deste venres 16 de outubro. Todo mollado co rico Choripán con salsa chimichurri ou pebre.

Un pracer descubrir así unha boa serie de bandas costeiras, varias das que xa vimos no CD Irmandiño Son.


Abrirán o festival os soneiráns Beat Box Experience e os rapeiros Viero Ruiz&Caamaño, os que romperán o xeo. Este é un tema en clave hip hop dos rapaces do Colectivo Badlaifé:


De seguido, xa mollando o choripán, poderemos disfrutar dos pontecesáns Not Only Shills. Aquí os vemos:


Os vimianceses Ürko continuarán coa velada, que proseguirá a partires das 00.45h con John Happy Driver, de Muros, unha banda que segue o legado dos internacionais Terbutalina.


E para acadar o seu fin, a chourizada/punk terá un fin bravú cos tamén vimianceses Bastardos de Rivera. Así soa este bravo "Eu non quero traballar" dos Bastardos.


Máis novas musiqueiras

Máis novas

Fonte

Comentarios