A Xunta antepón a economía á seguridade no asunto do práctico dos portos de Brens, Corcubión e Laxe

Chegaba ao Parlamento Galego a supresión do servizo de practicaxe nos portos de Cee, Corcubión e Laxe. Dende onte, as dúas rías queden sen este servizo básico para a seguridade e para o tráfico marítimo, pois o práctico é o encargado de acompañar aos buques no acceso ao porto.
O deputado nacionalista carballés denunciou que “o tramo da Costa da Morte está desprotexido e que, 20 anos despois da traxedia medioambiental do Prestige, Galiza volve estar exposta a novos accidentes por mor da desatención do Goberno do PP”.
O carballés lembrou que “no corredor de Fisterra hai unha alta exposición a accidentes, xa que por alí pasan cada ano 40.000 buques e moitos levan mercadorías perigosas”. E mencionou o caso do buque Sichem Formol, un gaseiro de 106 metros de eslora que navegaba en condicións adversas cunha carga de 6.000 toneladas de ácido sufúrico. “Foi o servizo de practicaxe o que reconduciu a situación do navío, xa que a axuda foi solicitada polo capitán”, alertou.
Rendibilidade
A resposta da Xunta ás preguntas do BNG foron claras: “o servizo ten que ser sostible dende o punto de vista técnico e económico”. É dicir, só van intentar manter o servizo dende un punto de vista da rendibilidade directa e non dende a seguridade, ou dende a rendibilidade que pode ofrecer para as empresas da contorna.
Puxo cifras a Conselleira do Mar, sinalando que o Porto de Brens (o máis importante dos tres) recibiu entre 2019 e 2021 un total de 225 barcos que requiriron o servizo do práctico, unha media dun barco cada cinco días, e a previsión de peche deste ano é aínda inferior. Estas cifras supoñen uns ingresos anuais por taxas portuarias destes barcos non chegan a 100.000 euros e as compensacións que tivo que aboar Portos de Galicia ao práctico por non acadar os ingresos mínimos establecidos na prestación sumaron 360.000 euros entre 2019 e 2021, “polo que estamos ante un servizo totalmente deficitario”, sinalou a Conselleira, nunha clara demostración da visión econimicista que ten este goberno popular de servizos tan básicos coma este.
A Conselleira, ademais de menosprezar as labores deste posto asegura que “está a traballar coa empresa Xeal, principal usuaria do servizo de práctico, na busca de solucións”, pero en ningún momento abriu a porta a cambiar o prego de condicións dunha licitación do servizo que xa quedou deserta en dúas ocasións.
A Xunta considera que varias medidas do prego (a suba das taxas nun 8% ou a obriga de informar da chegada dos buques con 48 horas de antelación e confirmar 6 horas antes), así como a posibilidade de utilizar o práctico substituto -que podería cubrir as necesidades da área de Cee e as doutros portos como Cariño, Burela, Celeiro ou Ribadeo-, xa chegan para ofrecer un servizo axeitado.
Novas relacionadas
- 01-12-22: Os portos das rías de Corcubión e Corme e Laxe quedan dende hoxe sen práctico.
- Novembro 22: Os traballadores de XEAL tamén se manifestan ante a supresión do servizo de practicaxe nos portos da ría..
- Outubro 22: Vinculan o desmantelamento das fábricas de Cee e Dumbría coa falta de práctico no porto de Brens.
- Setembro 22: A Xunta volve abrir unha convocatoria para o práctico portuario sen atender ás demandas da Costa da Morte
- Xullo 22: Os portos do Corredor de Fisterra poderían quedar sen servizo de practicaxe.
- Xuño 22: Piden a revisión do prego de condicións para cubrir a praza do práctico dos portos da Costa da Morte.
- Maio 22: O “práctico” dos portos, un posible novo recorte da Xunta.
- Maio 22: “As cotas do abadexo son un paso máis para desguazar a pouca frota que queda de pesca artesanal”.
- Marzo 22: O BNG denuncia un novo recorte nos servizos do ISM.