O Concello de Corcubión non se presenta á conciliación co electricista

Quedou en nada o primeiro achegamento do eterno conflito entre o Concello de Corcubión e o seu electricista, Juan Carlos Sambade, un dos “dous traballadores con soldo pero sen traballo” no Concello. Foi o Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) o que convocaba ás dúas partes a unha reunión, pero o Concello decidiu non presentarse.
A Federación de Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira en Galicia (FAC-USO Galicia) considera que “esta falta de comparecencia de Corcubión, provocou que concluíse intentado sen efecto, polo que concluímos que o que cala outorga”.
En calquera caso o sindicato segue denunciando que “o Concello leva anos incumprindo o convenio colectivo do seu persoal laboral, ao non consignar, nos seus orzamentos anuais, unha partida para aboar o complemento de produtividade, en contía non inferior á dotada no orzamento de 2002”.
”Incumpre, tamén, o acordo de 2011 coa súa representación sindical, para a repartición do 5% da produtividade, e non atende o pedimento do electricista”, sinalan.
Agora, o electricista vai acodir á vía xudicial laboral, “continuando a xudicialización no Concello de Corcubión, debido á actitude do señor Alcalde, que debería aboar do seu peto estes custes, e non ser sufragados cos cartos dos veciños e das veciñas de Corcubión”.
Novas relacionadas
- Decembro 22: Primeiro achegamento no eterno conflito entre o Concello de Corcubión e o seu electricista.
- Novembro 22: Os socialistas culpan ao BNG de toda problemática xerada polo electricista de Corcubión.
- Xullo 2022: O electricista entra finalmente na OEP, pero non na RPT, de Corcubión.
- Maio 2022: Os “dous traballadores con soldo pero sen traballo” no Concello de Corcubión.
- Abril 22: Os sindicatos reiteran que a RPT de Corcubión prexudica aos empregados públicos municipais.
- Marzo 22: FAC-USO e BNG denuncian os erros da RPT aprobada inicialmente en Corcubión.
- O aínda alcalde de Corcubión, absolto no caso Sambade.
- 2014: Nova multa da Inspección de Traballo ao Concello de Corcubión polo caso Sambade.
- 2011: O PP de Corcubión denuncia máis consecuencias do Caso Sambade.