venres. 09.05.2025
El tiempo

Corcubión prepara unha nova Carreira Popular para as Mercedes

Corcubión prepara unha nova Carreira Popular para as Mercedes

Xa están aquí as Festas das Mercedes de Corcubión, e con elas a XI Carreira Popular Vila de Corcubión. Este vindeiro sábado 21 de setembro do 2013, a partir das 17:00h os atletas de todas as idades invadirán as rúas da vila de San Marcos dende a Praza Castelao para celebrar tan curiosa carreira.

Haberá premios para todas as categorías agás na categoría de andaina, con trofeos para os campións e medallas para o 2º e 3º clasificado de cada categoría. Ademais haberá Servicio de Duchas no Club Naútico Carrumeiro, situado no peirao, e unha camiseta técnica para os 150 primeiros participantes.

Horarios

  • 17:00 h.(hora tope de entrega de dorsais).
  • 17:10: Saída categorías: Benjamín.
  • 17:20: Saída categoría Alevín.
  • 17:30: Saída categoría Infantil.
  • 17:45: Saída Sub 18.
  • 18:00: Saída Absoluta e Veteranos.

O percorrido nas categorías benxamin (450m), alevín (900), infantil (900m) e sub18 (1800m) será polo casco urbano, mentres que na carreira de Senior e veteráns partirá do casco urbano e despois irá polo camiño de Santiago para deixalo e recorrer toda a carretera do faro voltando polo paseo marítimo ata volver a chegar o casco urbano cun recorrido de 9000 m.

Poden ver o percorrido en wikiloc.

Percorrido da Carreira Popular de Corcubion 2013-Wikiloc

Inscricións

Admitiranse inscricións ata o propio día 25 de setembro ás 17:00 horas podendo facelo en:

  • Concello de Corcubión: Tlfn. 981 74 54 00.
  • Na propia Praza Castelao só o 21 de setembro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Corcubión.

Comentarios