Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Farándula Velutina estrea, na casa, a súa nova obra "Sincronizadas"

Farandula velutina -Sincronizadas
Farándula Velutina estrea, na casa, a súa nova obra "Sincronizadas"

O grupo de teatro corcubionés Farándula Velutina continúa creando. Desta volta, toca nova estrea, este vindeiro 27 de xullo ás 21:00 na Casa de Cultura de Corcubión. “Sincronizadas”, é obra escrita, de novo, por Ferrnando Castro Paredes, con Elisa Lema e Lucía Senra sobre o escenario, e con Marina Gómez e o propio Castro Paredes na dirección.

Sinopse: Dúas nenas coñécense na sala de Urxencias dun Hospital e descobren que existe entre elas un vínculo especial.
Co paso do tempo a vida vainas levando por caminos distintos, nos que teñen encontros recorrentes coa violencia, a dor, o fanatismo e mesmo a morte, pero esa conexión inexplicable manteraas unidas ata o final.

Comentarios