Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Informe Ambiental xera dúbidas sobre un posible retraso no Porto Mixto de Corcubión

  • O BNG critica o "engano electoral" do PP; pero Portos asegurálle á Plataforma Portos Si, Mortos Non que “non hai nada novo que non esperásemos; seguiremos traballando para seguir avanzando nese proxecto”.
Mapa proxecto Porto Mixto Corcubion
O Informe Ambiental xera dúbidas sobre un posible retraso no Porto Mixto de Corcubión

Esta semana facíase público o informe ambiental que Portos de Galicia vén de realizar sobre o proxecto do Porto Mixto de Corcubión. Un informe bastante duro que recolle numerosas incidencias do proxecto, e que estes días facían saltar as alarmas sobre posibles retrasos a eses 4 anos que puña de horizonte Portos o ano pasado.

Porén dende que a Consellería do Mar non consideran un obstáculo. De feito, á pregunta directa da Plataforma Portos Si, Mortos Non, o Técnico responsable do Proxecto Portos de Galicia ratificadaba que non habería: “Non hai nada novo que non esperásemos; seguiremos traballando para seguir avanzando nese proxecto”.

Afectacións

O informe ambiental, que califica a zona como “paisaxe litoral de alta calidade” sinala que “o dique de abrigo incidirá de xeito significativo nas panorámicas”, incidindo que o impacto paisaxístico taménafecta contorno de protección do Conxunto histórico de Corcubión polo que requirirán a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Apuntan tamén o impacto sobre bens do patrimonio arqueolóxico subacuático, e sobre varios bancos marisqueiros, pedindo ademais opinión doutras confrarías afectadas (Fisterra e Lira).

Dúbidas do BNG

Hoxe é o BNG o que sembra as dúbidas á raíz da saída do informe ambiental de Portos, criticando que o PP “volve a tomar o pelo” a Corcubión “xusto despois das eleccións”. O deputado Oscar Insua sinala que os populares “teñen que dar explicacións públicas de se xa sabían nas eleccións galegas” o contido do informe ambiental que podería retrasar o proxecto.

“Parece que é a propia consellaría a que pon os paus nas rodas para que o proxecto non saia adiante, ou para retrasar aínda máis o inicio das obras”, afirma o BNG, que se amosa sorprendido de que a Direccion Xeral da Biodiversidade, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, “indique que existen impactos ambientais, como o ruído que se produciría nas obras -sobre todo co fincado de pilotes, que poden afectar ás toniñas-, e sen embargo nin sequera informou na tramitación da declaración de impacto ambiental doutros proxectos, como o despezamento de buques no porto de Brens, que pode xerar máis contaminación acústica prolongada no tempo”.

O parlamentario Oscar Insua adiantou que van pedir explicacións ao Partido Popular porque “levan anos ninguneando ao concello de Corcubión e non llo imos permitir”, e lembrou que os populares “están prometendo e mentindo dende o ano 2009, e agora vemos como unha vez máis vaise retrasar o proxecto por non facer as cousas ben. A ver que con que escusas nos virán agora”

Máis novas

Comentarios