Martes. 19.03.2024
El tiempo

O Outono Violeta de Corcubión achégase ás escolas

Sole Felloza no CEIP Praia de Quenxe
Sole Felloza no CEIP Praia de Quenxe
O Outono Violeta de Corcubión achégase ás escolas

Fundamental é levar a concienciación sobre a violencia de xénero ás escolas. Por iso, o Outono Violeta e Corcubión levou xa os "Contos que cambian o conto" de Soledad Felloza ao alumnado da Escola Infantil e ao alumnado do CEIP Praia de Quenxe.

Teatro de Igualdade en Corcubion

E na fin de semana tócalle ao Teatro en Igualdade na Casa da Cultura de Corcubión. O sábado, ás 20:00h, a compañía Soloteatro representarán a obra "Da” cor do leite.

O domingo, ás 19:00h, Farandula Velutina representarán a obra Animais de Compañía, de Fernando Castro. Ámbalas dúas compañías veñen de recibir o segundo premio no Certame Xuventude Crea 2019.

Ademais, durante estos días e ata o 25 de novembro, o concello repartirá entre establecementos da Vila o material da Campaña en Negro contra as Violencias á que o concello está adherido.

Por último esta Concellería convida a cidadanía a participar na concentración e lectura de manifesto que terá lugar o propio 25 N ás 12 horas na Casa do Concello.

TODAS AS ACTIVIDADES DO 25N NA COSTA DA MORTE

Comentarios