A Plataforma veciñal critica o uso partidista da "reivindicación colectiva" polo Centro de Día de Corcubión
A Plataforma Xuntos polo Centro de Día queremos manifestar a nosa fonda decepción polo recente acto protagonizado polo BNG de Corcubión no Parlamento de Galicia, onde presentaron sen aviso previo a esta Plataforma as 1.300 sinaturas recollidas durante a campaña impulsada polo propio Concello, coa colaboración activa da nosa plataforma cidadá.
"Consideramos que este xesto, máis alá da súa forma, representa unha mostra de descortesía e responde unicamente a unha estratexia de supervivencia política como partido local", explica dende unha plataforma que considera que "por riba das siglas deben prevalecer a educación, o respecto institucional e, sobre todo, o espírito de colaboración en favor da veciñanza. O Centro de Día é unha necesidade real e urxente para Corcubión e a súa comarca, e non un instrumento de propaganda partidaria".
A entidade non desiste de seguir traballando con rigor e responsabilidade para conseguir a súa apertura definitiva. "Os próximos pasos serán solicitar o amparo da Valedora do Pobo e das institucións europeas, sempre mantendo informado ao Concello de Corcubión, que consideramos a casa común de todas e todos, e non o cortello particular dalgún grupo político".
Histórico do Centro de Día
- Xuño 25: Belén do Campo reiteroulle ao voceiro do PP de Corcubión que a Xunta non asumirá a xestión do Centro de Día.
- Maio 25: A Xunta rexeita a xestión directa do Centro de Día e insta ao Concello de Corcubión a asumila
- Maio 25: Corcubión volve unirse para esixirlle á Xunta un Centro de Día de xestión pública.
- Abril 25: Corcubión aproveita a visita da Delegada da Xunta para lembrarlle a esixencia do Centro de Día.
- Abril: Corcubión inicia unha campaña de recollida de firmas para reclamar á Xunta que abra o Centro de Día.
- Marzo 25: O Concello de Corcubión asegura que xa ten realizado os trámites que pide o Consorcio para o Centro de Día
- Marzo 25: O Centro de Día de Corcubión poderá ser unha realidade se a xestiona unha entidade social
- Febreiro 25: A Plataforma Xuntos polo Centro de Día de Corcubión comeza unha campaña para conseguir apoios institucionais.
- Novembro 2024: "Negar os centros de día é unha forma de violencia e de maltrato ás persoas dependentes”.
- Xullo 24: O Concello de Corcubión volve a denunciar a negativa da Xunta a abrir o Centro de Día.
- Outubro 23: O PP rescata a petición de Sempre Corcubión e pide convertir o edificio do Hotel El Hórreo nunha residencia de maiores.
- Novembro 21: Sempre Corcubión volve pedir a creación dunha residencia de maiores pública e comarcal.
- Abril 2021: Propoñen adquirir o Hotel El Hórreo e convertilo nunha Residencia comarcal para maiores
- Decembro 2020: O eterno retraso do Centro de Día de Corcubión volve ao Parlamento.
- Febreiro 2020: “Na Road Trip Protesta a Rianxo aprendimos que un Centro de Día é posible, e significa dignificar aos maiores”.
- Outubro 19: Boca de Sapo presenta 1.000 sinaturas para esixir a apertura do Centro de Día de Corcubión.
- Xullo 19: Un berro silencioso, e medieval, pola apertura do Centro de Día de Corcubión.
- Maio 2019: Corcubión enteiro sae á rúa polo Centro de Día.
- Maio 19: A cidadanía de Corcubión mobilízase polo Centro de DíaA cidadanía de Corcubión mobilízase polo Centro de Día.
- Camariñas, Corcubión e Ponteceso valoran o si da Xunta ao Centro de Día de Malpica.
- Outubro 2018: A Xunta volve negarse a poñer en marcha o Centro de Día de Corcubión.
- Outubro 2018: “Os técnicos de Servizos Sociais da comarca de Fisterra trasladaron á Deputación a necesidade de abrir o Centro de Día de Corcubión”
- Setembro 2017: O BNG critica a postura da Xunta co centro de día de Corcubión.
- Setembro 2017: A Xunta rexeita a abrir o Centro de Día de Corcubión
- Novembro 2015: O BNG de Corcubión pregunta polo esquecido Centro de Día.
- Maio 2014: O Centro de Día de Corcubión ve a luz.
- Xaneiro 2013: O BNG de Corcubión denuncia un novo retraso nas obras do Centro de Día
- 09-03-11: O BNG de Corcubión pide á Deputación financiamento para rematar o Centro de Día.