O pleno de Corcubión pedirá unha Residencia de Maiores a pesar da negativa do grupo de goberno
09:36 21/11/21
Demanda histórica a de Corcubión arredor dunha residencia ou Centro de Día. Desta volta foi o grupo Sempre Corcubión o que levou a moción ao pleno. Unha moción para que o Concello solicite unha residencia para maiores e a apertura do centro de día, públicos e comarcais.
E quedou aprobado en Pleno, gracias aos votos de Sempre Corcubión, PP, PACOR e BNG, que confirmou o seu apoio tras incluír a petición de incorporar á moción a apertura do centro de día por parte do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.
O PSOE, o grupo de goberno, votou en contra.
HISTÓRICO DA LOITA POLO CENTRO DE DÍA
- Novembro 21: Sempre Corcubión volve pedir a creación dunha residencia de maiores pública e comarcal.
- Decembro 2020: O eterno retraso do Centro de Día de Corcubión volve ao Parlamento.
- Febreiro 2020: “Na Road Trip Protesta a Rianxo aprendimos que un Centro de Día é posible, e significa dignificar aos maiores”.
- Outubro 19: Boca de Sapo presenta 1.000 sinaturas para esixir a apertura do Centro de Día de Corcubión.
- Xullo 19: Un berro silencioso, e medieval, pola apertura do Centro de Día de Corcubión.
- Maio 2019: Corcubión enteiro sae á rúa polo Centro de Día.
- Maio 19: A cidadanía de Corcubión mobilízase polo Centro de DíaA cidadanía de Corcubión mobilízase polo Centro de Día.
- Camariñas, Corcubión e Ponteceso valoran o si da Xunta ao Centro de Día de Malpica.
- Outubro 2018: A Xunta volve negarse a poñer en marcha o Centro de Día de Corcubión.
- Outubro 2018: “Os técnicos de Servizos Sociais da comarca de Fisterra trasladaron á Deputación a necesidade de abrir o Centro de Día de Corcubión”
- Setembro 2017: O BNG critica a postura da Xunta co centro de día de Corcubión.
- Setembro 2017: A Xunta rexeita a abrir o Centro de Día de Corcubión
- Novembro 2015: O BNG de Corcubión pregunta polo esquecido Centro de Día.
- Maio 2014: O Centro de Día de Corcubión ve a luz.
- Xaneiro 2013: O BNG de Corcubión denuncia un novo retraso nas obras do Centro de Día
- 09-03-11: O BNG de Corcubión pide á Deputación financiamento para rematar o Centro de Día.