Domingo. 07.03.2021
El tiempo

3 cans de donos emigrantes a Suiza buscan fogar en Salvacadelos

3 cans de donos emigrantes a Suiza buscan fogar en Salvacadelos

Marchan emigrados a Suiza. E, con moita pena, teñen que deixar na Costa da Morte aos seus Hugo, Lupe e Juanito. Estes 3 fermosos e tranquios cadeliños precisan un novo fogar, i é que a emigración non atende a especies.

Hugo e Lupe (ou Cuqui) teñen 2 anos. Cuqui é pequeniño, cunha bonita e tenra mirada, gusta de moito cariño, e algo nerviosa. Hugo, é guapo, alegre e xoguetón, pero tamen algo nervioso. Adáptase a calquera casa pero gustarñialle ter un terreno por onde correr ás súas anchas.

Pola súa banda, Juanito, tamén coñecido familiarmente como Pichón, ten 9 anos. Pero se conserva de marabilla. É moi tranquilo pero algo ladrador, pero o que si promete é moito cariño.

Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Historias Bonitas de Salvacadelos

Fonte

comentarios