A APLU abre expediente por unhas naves en Coristanco tras un posible trato de favor da alcaldía
Dous anos despois da denuncia do PSOE e da veciña Pilar Fariña Mira, a Axencia de Protección da legalidade urbanística (APLU) vén de abrir expediente e de ordenar o derribo dunhas instalacións en Xaviña, Coristanco. Unha denuncia que foi levada tamén á Fiscalía da Coruña, onde o fiscal ve indicios de delito.
Trátase dunha denuncia por considerar que a instalación foi construída co “trato de favor” da alcaldía, unha vez que a propia Fariña, cunha finca nas proximidades, non pode edificar, pero “este Señor si”. A empresa, sen embargo, propuxo un invernadoiro, ao que acabou poñéndolle cemento no chan para usado como nave industrial.
Falamos da empresa Almacenes Rodríguez SL, que solicitaban en agosto de 2012 unha licencia municipal para a construción dun almacén. Unha empresa controlada por un ex concelleiro de obras do Concello coristanqués, que segundo Fariña “está relacionado coa empresa imputada na trama municipal e ademais está sendo investigado por pasarlle o concello facturas de material de construción sen haber obras”.
Denuncia ademais a afectada que “a obra non cumpría a normativa para ser legalizable” a pesar de que “intentaron entre o propietario e un Arquitecto técnico, Ricardo Filgueiras Rodriguez (militante do PP e concelleiro en anteriores no concello de Cabana de Bergantiños) falsificar o expediente”, en palabras da denunciante.
Fariña sinala que “agora administrativamente xa non cabe máis recursos salvo o contencioso administrativo”, se ben o Plan Xeral de Ordenación Municipal podería solventalo.
Novas de Coristanco
- 22-09-14: TeGa persóase no Xulgado con máis argumentos contra os imputados de Coristanco.
- 19-09-14: Día de declaracións de alcaldes imputados.
- 20-08-14: TeGa presentará máis medidas para clarexar as imputacións do Concello de Coristanco.
- 19-06-14: A oposición pide a dimisión dun sorprendido alcalde de Coristanco.
- 18-06-14: O alcalde de Coristanco, imputado por prevaricación e malversación de fondos públicos.
- 17-02-14: O BNG de Coristanco valora o rexistro no Concello e critica o PXOM de Cabana.
- 14-02-14: A concesión de obras municipais volve levar a un Concello de Coristanco ante a Xustiza.
- 12-02-14: Rexistro no Concello de Coristanco por suposto delito de prevaricación e tráfico de influencias.
Fonte
- TEGA.
- Redacción de QPC ([email protected]).