Aparecen abandonados nunha caixa tres cadeliños
09:57 15/12/10
Indignante é que as xentes da bisbarra se aproveiten e non dean a cara ante actividades tan solidarias como as de Salvacadelos. A pasada fin de semana, aparecía na porta da Clínica Veterinaria Argos de Cee unha caixiña con sorpresa.
3 cadeliños cheos de pulgas, famentos, e con moito medo foron abandonados por algún impresentable, que non se dignou nin a dar a cara para pedir axuda. O peor doi que saíron da caixiña e foron á estrada, e case foroon atropelados.
Sorte que un dos que case os atropela era o xornalista Jesús Trillo, un salvador, que os recolleu e avisou ás veterinarias da Clínica.
Son 2 machos (os da foto) e unha femia. A femia xa coida da piscifactoría de Quilmas, facendo realidade a colaboración entre Prodemar e Salvacadelos. Son de raza grande e teñen 3-4 meses.
Vixilancia
Na Clínica están verdadeiramente indignados ante a pouca consideración destes desalmados. De feito, xa están buscando unha cámara de seguridade para poñer na porta da Clínica para denunciar estes abandonos.Máis información
Máis cadelos
Novas relacionadas
- Editorial: Cumple a lei, identifica ao teu can.
- Novas de ida e volta en Salvacadelos.
- Rito xa viste de negro coa súa nova familia de Salvacadelos.
- Presentación de Salvacadelos.
- As mamás de Salvacadelos.
- Unhas veciñas de Camariñas, as heroínas de Salvacadelos.
Fonte
- Redacción de QPC (salvacadelos@quepasanacosta.gal).
- Clínica Veterinaria Argos de Cee.