venres. 08.11.2024
El tiempo

A Axenda desta última fin de semana de abril na Costa da Morte

axenda Costa da Morte abril 23
Algunhas das protagonistas desta última fin de semana de abril
A Axenda desta última fin de semana de abril na Costa da Morte

Albíscase o verán e a #AxendaCostadaMorte xa comeza a ferver. Así o nota a nosa festexeira por excelencia Laura Louzán Canosa, que nos axudará outra temporada máis achegando os carteis de todas as festas que atope polo camiño, e que tamén nos podedes enviar por whastapp ao 63774893.

Outras citas

Antes de repasar o verbeneo, damos unha ollada á Axenda cultural desta longa fin de semana de 29 e 30 de abril e 1 de maio, que ten cousas tamén interesantes como visita de Kepa Junquera a Fisterra, Cee e O Couto.

Teremos tamén doble cita co teatro afeccionado. En Baio, no marco da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, o grupo Tequerrete Teatro de Teo actuará o sábado ás 21:00h.
Ás 20:30h do mesmo sábado será o grupo mazaricán Teatro da Troula o que abra co seu espectáculo Serán á Mostra Xosé Agrelo de Muros.

En Vimianzo teremos dúas citas. O sábado a compañía de danza de Fran Sieira trae a actuación DeMente, mentres que o domingo será a compañía local O Sol de Outono, da vimiancesa Soraya Lema, a que leve no marco do Programa Rebuldeiro a obra “A historia dunha nena namorada do mar”.

O venres, o MACCMO de Corme acolle a presentación dun libro sobre ”barcos de cabotaje”.

En clave tradicional, o sábado dende a sesión vermú ata ben entrada a noite, desenvolverase a XV Foliada de Raigañas de Cerqueda.

O sábado haberá concerto tamén no Rock Corner Bar de Cee. Chega, a partir das 23:00h, Carlos dende Compostela con temas propios e versións de pop, rock, americana...

A Festa

Esta fin de semana só atopamos unha festa, a que se enmarca na II Ruta Cabalar de Borneiro, en Cabana. A comisión de festas da parroquia cabanesa prepara a saída dende o Campo do Briño ás 10:30h, e cando volvan, xa a partir das 13:30h, sesión vermú co grupo Carpem Diem. A partir das 20:00h, a Disco Impacto estará dirixida polos djs David Bermúdez e Drew Corme.

Máis festas

Todas as citas culturais e festexeiras sempre en www.axendacostadamorte.com

Comentarios