Martes. 16.04.2024
El tiempo

Axenda para a fin de semana na #CostadaMorte: aquí as propostas!

Aquí vos deixamos o resumo das citas culturais que conforman a #AxendaCostadaMorte da fin de semana do 22, 23 e 24 de marzo. Unha axenda que vén marcada pola chea de citas co teatro e andainas ao aire libre.

201903181302316231
Axenda para a fin de semana na #CostadaMorte: aquí as propostas!

PARTE DE METEOGALICIA: TEMPO SOLLEIRO

Meteogalicia avísanos que o venres persiste a influencia anticiclónica sobre Galicia, co que se agardan ceos pouco anubrados ou despexados. O sábado, ao igual que a xornada do día anterior, seguiremos con influencia das altas presións. Polo tanto, os ceos estarán despexados, con presenza de nubes medias e altas no interior ao longo do día. A situación non cambiará o domingo, xa que continuará na influencia das altas presións con ceos pouco anubrados ou despexados en xeral.

Venres 22 de marzo

-Cata de viños espumosos en Laxe.

-Presentación en Vimianzo do libro do SEMESCOM.

 -Proxección do filme Entre la Ola y la Roca en Cee.

-Rock Carballo 2019.

-Obradoiro Nós Mesmas en Carnota.

-Feira da Primavera en Santa Comba.

Sábado 23 de marzo

-Día da Árbore en Carballo.

-IV Mostra de Teatro Afeccionado de Zas.

-Teatro en Cee.

-Teatro en Muros.

-Sábado de teatro en Vimianzo.

-Concerto de Emilio Rúa e Rosa Cedrón en Malpica.

Domingo 24 de marzo

-Marcha saudable pola igualdade en Laxe.

-Adaina Coñece o teu Concello en Santa Comba.

EXPOSICIÓNS

  • As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. A programación habitual: – Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia. – O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • A tenda turística Stoupa acolle a exposición 'Voantes' da ilustradora carballesa Laura Tova.

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios