Luns. 07.10.2024
El tiempo

Unha #AxendaCostadaMorte con Carrilanas, Medievo e moita verbena

Desembarco no Mercado Medieval de Corcubion 2018-Foto-Rafa Quintans
Imaxe do espectacular Desembarco do Mercado Medieval de Corcubión do ano pasado-Foto-Rafa Quintáns
Unha #AxendaCostadaMorte con Carrilanas, Medievo e moita verbena

Menuda fin de semana que se nos vén enriba, esta do ecuador de xullo, en pleno verán, e xa con moitos lugares colgando o cartel de completo. Como acontece en zonas como a comarca de Fisterra, onde atopar lugar para disfrutar do XIX Mercado Medieval Costa da Morte é máis que complicado. Ou por Muros, onde as Carrilanas de Esteiro serán un actractivo incrible.

Pero hai moitas máis cousas.

Parte meteorolóxico

O venres e o domingo van ser días semellantes, con ceos bastantes cargados de nubes pola mañá, abrindo pola tarde, deixando dúas tardes agradables, sen vento e con temperaturas rondando os 25º. Non fica así o sábado, pois chegará unha fronte, que deixará moitas nubes e algunha chuvia durante a mañá. A tarde sabatina será algo máis tranquila pero non será de praia.

XIX Mercado Medieval Costa da Morte

A única feira medieval que sobrevive ás modas é a de Corcubión. A implicación do pobo, o engalado casco histórico, e o fermoso Desembarco da noite do venres son claves para que esta cita se manteña máis que viva. Animación de rúa, postos de artesanía e gastronomía, pasarrúas… Tendes todo o programa en QPC.

Carrilanas de Esteiro

Unha das citas da fin de semana é, sen dúbida, as Carrilanas de Esteiro. Unha cita que ten de todo, dende o espectáculo impresionante do Gran Prix de Carrilanas, o deporte artesanal máis divertido do país, co Festival de música de balde máis completo do país. Tendes unha completa guía en QPC.

Outras citas singulares

O venres

Toda a finde de verbena

Moito máis

Festas do Apóstolo

Ademais, en QPC recollemos as Festas do Apóstolo da semana que vén.

EXPOSICIÓNS

  • A Casa das Peritas volve abrir durante o verán a súa singular exposición en Mallas, Fisterra. A exposición poderá visitarse os sábados e domingos entre o 13 de xullo ao 31 de agosto en horario ininterrumpido de 12:00h a 21:00h
  • As Torres do Allo, en Zas, de luns a venres dende as 11:00 da mañá ás 20:00 da tarde; e o sábado e domingo amplíase este horario ata as 21:00 horas. A programación habitual:
    - Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia.
    - O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
    - Visitas teatralizadas todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • A Tenda Turística Stoupa acolle a exposición "Mar de Crebas".

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios