Venres. 26.04.2024
El tiempo

#AxendaCostadaMorte da última fin de semana de xullo e os primeiros días comezo de agosto

Axenda Costa da Morte xullo 2022
#AxendaCostadaMorte da última fin de semana de xullo e os primeiros días comezo de agosto

Son moitas as cousas que facer esta fin de semana na Costa da Morte. Temos o MZFolk, que chega con 3 días de música tradicional e artesanía.
Temos dunhas presentacións literarias, unha en Carnota con Chisco Fdez. Naval, e outra en Malpica con Héctor Pose.
Temos un dos últimos concertos de Oïma en Brandomil;
Temos un mercado de artesanía de mulleres do Mar en Malpica.
Temos unha ruta de Peixe e Marisco na Lonxa de Laxe.
Temos ata unha Sesión de Dj no Bardanca Fest do The Garden de Oza.

Pero sen dúbida, unha das citas máis singulares da fin de semana é o Festórreo de Lira, que ademais de empanada de millo e concertos, trae as esperadas “Canle Nius”, unha desas representacións costeiras tan tremendamente singulares.

Verbenas

Pero vaia, que se somos de verbena, non teremos perda coa cantidade de festas que teremos esta fin de semana. Coa axuda de Laura Canosa Louzán repasamos as citas:

Xa arrinca a troula este mesmo xoves 28 coas Festas do Carme de Carantoña (Vimianzo), cunha gran churrascada e verbena coa Saudade e DJ Rokiño. A troula seguirá venres e sábado, co Combo e Fama.

Os pratos fortes chegan o sábado, tamén cas Festas do Carme de Muxía, con esa singular cita coas procesións marítimas na mañá do sábado, e a festa con Acirema.

Outra parada obrigada será co San Cristovo de Santa Comba, que trae a Olympus.

Por Fisterra volve a Festa da Praia, durante a xornada do sábado 30, durante todo o día en clave de romería praieira, e completado o venres coa proxección dun documental.

En Dumbría temos o domingo a mítica Festa da Familia na Carballeira de Berdeogas, pero ademais o sábado hai a celebración do Ano Eurpeo da Xuventude.

Temos tamén as Grandes Festas de San Cremenzo (Zas), con Superstar o sábado e o Trío Vip na sesión vermú dominical.

E non faltaan as Festas de Nemiña (Muxía), o sábado con la Bamba e Garibaldi, ademais da actuación da cantante costeira Ruth Cundíns.

San Fins

Se o luns 1 e martes 2 de agosto tamén teremos as festas do San Fins de Cambeda (Vimianzo), mención aparte merece o San Fins do Castro. A festa cabanesa é toda unha referencia. Pasada a febre do viño, esta Festa de Interese Turístico Galego volve centrarse nas citas máis tradicionais, como o Berro Seco ou o Santo da Pólvora. O luns estarán Os Farrapos amenizando as merendas e pola noite as orquestras Magos e Bomba. O martes, co gallo da Nosa Señora dos Remedios, lío coa orquestra Puzzle.

Ademais, para primeiros de agosto tamén teremos as Festas de Eirón, en Mazaricos, na honra de San Félix (con Eureka e Pontevedra) e de San Antonio (con La Favorita).

Comentarios