Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A #AxendaCostadaMorte desbórdase polo Entroido

Imaxe do Entroido de Fisterra do ano pasado
Unha escea do Concurso de Comparsas do Entroido de Fisterra do ano pasado
A #AxendaCostadaMorte desbórdase polo Entroido

Non nos caben os eventos do Entroido na #AxendaCostadaMorte!! E iso que aínda temos pendentes subir os do sábado e domingo de Piñata! Unha demostración de que o Entroido está moi vivo na comarca, sendo unha zona referente na materia en toda Galicia. Pero, polo de pronto, imos repasar as citas temos por diante de aquí ao martes, día a día, para unha longa ponte de moito sol.

O gran Martes de Entroido co Concurso de Comparsas de Fisterra

Difícil será quitarlle o trono do Entroido máis tradicional da Costa da Morte ao de Fisterra. A cita do martes de entroido no pavillón é obrigada para todo aquel veciño ou visitante, polo menos, unha vez na vida. E non cansa repetir (nós xa levamos 12 anos facendo de xurado!) para comprobar a acidez e a retranca das súas coplas.

As actuacións, e o maquillaxe, do concurso de Comparsas son dignas dun musical de Broadway, e non é un falar. Este ano, nun certame presentado por Peter Punk, volverán ser 4 as comparsas protagonistas: as tres de Fisterra (Tortugas y Peces, Os da Charca e os Trotamúsicos) e os Enjominados de See.

 

A Tradición toma o Entruido de Mazaricos

O-exercito-dos-Panos-do-Entruido-de-Mazaricos

O Exército dos Panos serán os protagonistas do Entruido mazaricán, cos desfiles do sábado 22 pola feira da Picota e á tarde no desfile organizado polo Concello dende o Multiusos ao campo da Feira; e o domingo 23 pasarán por Colúns, Beba, Corzón…

 

Sábado de Entroido en Vimianzo

dav

O sábado será o día do artesanal Concurso de Comparsas do Entroido de Vimianzo. Ás 16:30 comezará o desfile e continuará na praza do Concello o concurso coas comparsas mellor engalanadas da volta. Serán 5 as comparsas participantes, procedentes de Camariñas, Carballo e Laracha, ademais de dúas vimiancesas.

 

Sábado de entroido en Muxía

Á espera do famoso Enterro do Percebe do mércores de cinza, Muxía centra o Entroido na Gala do sábado pola tarde no paseo.

 

O domingo, o Entroido de Dumbría

Desfile do Entroido de Dumbria

Unha das citas máis asentadas para pasar o domingo de entroido, dase en Dumbría. Este ano ten a novidade de facerse no pavillón polo que se espera unha grandísima afluencia de todas partes da comarca.

Este ano serán 8 as comparsas que se presenten ao espectacular concurso dumbriés. Ademais da comparsa da casa, fóra de concurso, haberá dúas de Fisterra, unha de Negreira, unha Zas, tres de Camariñas e unha de Cee.

 

Completo entroido en Carballo

Coma sempre o de Carballo é un dos programas máis completos da comarca. O domingo toca concurso de disfraces e comparsas, presentado por Lupe Blanco. O martes, Enterro da Sardiña.

 

Concurso de comparsas e desfile traxes tradicionais para o Entroido de Muros

Entroido tradicional de Torea-Muros-Foto-Manuel Maria Candamo
Entroido tradicional de Torea durante o ano pasado-Foto-Manuel Maria Candamo

Ao espectacular concurso de comparsas súmase este ano a exhibición de traxes tradicionais de Torea e Abelleira, todo na tarde do domingo 23, no Curro da Praza.
Pero de venres a venres hai festas infantís polas parroquias.

 

Domingo e luns, citas en Camariñas

Á espera do famoso Enterro da Sardiña (fica para o sábado 29), Camariñas ten dúas citas interesantes esta fin de semana. O domingo tócalle ao Concurso de Comparsas da Ponte do Porto, contando con 5 comparsas.
Pero en todo caso, o domingo e o luns tamén haberá troula en Xaviña e Camelle.

Xa o luns é o Concurso de Comparsas de Camariñas, que comezará co desfile a partir das 19:30h dende a Praza do Concello ata o pavillón, onde terá lugar o certame. Son 6 as comparsas que se presentarán, sendo 3 do propio concello e as outras chegadas de Vimianzo, Laracha e Cee.

 

Entroido familiar en Santa Comba

Na mañá do venres haberá desfile de Entroido Miúdo, pero a gran festa familiar celebrarase na tarde do domingo 23 no Recinto Feiral, cos concursos de disfraces, inchables, obradoiros, e o espectáculo de maxia do Mago Teto.

 

De venres a mércores, o entroido de Carnota

Xa o venres empeza o entroido e Carnota coa Festa de disfraces. Pero o sábado é o día forte, cunha Andaina saudable pola mañá e e o pasarrúas da comparsa "noite de terror" pola tardiña no Pindo.
O domingo ademais, toca Concurso de disfraces en Quilmas e Festa das Delores de Caldebarcos.

 

Entroido diverso en Ponteceso

Varios focos de atención ten o entroido pontecesán:

 

Quentando motores en Malpica

A traca forte de Malpica chega a segunda fin de semana coa Mikaela de Buño, os Enterros do Faustino e do Farruco e os Madamitos e Ghuadineros. Pero estes días tamén haí lío. O venres comeza Concurso de disfraces a partir das 00:00 horas polos pubs da vila. O sábado, Cocido en Cerqueda e sesión vermú en Malpica. O domingo festa infantil con concurso de piñatas pola tarde. O luns non para a troula coa festa infantil, con karaoke, en Buño, e o martes, o propio pero en Malpica.

 

Primeira batida do Entroido de Laxe

Aínda que o prato forte é o Caietano (que queda para o domingo 1), este domingo 23 hai Desfile de Entroido do Concello á Praza Ramón Juerga.

 

Martes de Entroido en Zas

Se o luns e martes hai obradoiros nos centros culturais de Baio e Zas, a cita máis importante é o martes co Festa e o Concurso de Disfraces no pavillón de Zas.

 

Festa Espacial para o Entroido de Coristanco

O sábado hai festa de maiores no Edificio de Servizos Múltiples, pero a gran cita é a gran Festa Espacial que encherá de alegría o polideportivo municipal, con obradoiros, xogos, hinchables, maquillaxe, chocolatada e pasarela de disfraces.

 

Gran concurso de disfraces e Comparsas da Laracha

O domingo entroideiro está adicado aos maiores, e o luns aos cativos. Pero a gran cita do Entroido na Laracha é o martes, con verbena dende as 17:00 e concurso dende as 18:30.

 

Martes de Entroido en Cabana

Coma sempre, a cita co entroido cabanés é o martes de Entroido no pavillón, dende as 17:00h e amenizado por Judith Cundíns.

 

Unha con David Amor

Este sábado 22 David Amor estará pola noite enchendo de risas a da Lonxa Vella de Lira.

 

Día de Rosalía

Cadra no medio e medio do Entroido este ano o Día de Rosalía (24 de febreiro), perdendo así boa parte do seu protagonismo. Aínda así temos dúas citas:

 

Toda a información debullada en www.axendacostadamorte.com

Comentarios