Luns. 07.10.2024
El tiempo

Unha #AxendaCostadaMorte de teatro, música, presentacións e... Filloas!

Parecía unha xornada tranquila, pero volvemos ter a #AxendaCostadaMorte chea de eventos. Presentacións de libros e ata de guías, teatro, música, catas gastronómicas… E a festa da Filloa de Zas!

Imaxe de Jose Brenlla da Festa da Filloa do ano pasado
Imaxe de Jose Brenlla da Festa da Filloa do ano pasado
Unha #AxendaCostadaMorte de teatro, música, presentacións e... Filloas!

Todo nunha fin de semana bastante soelada, como nos conta Meteogalicia. Venres e sábado teremos un tempo seco e soleado, se ben volverán as chuvias na noite do sábado ao domingo, que se manterán durante a mañá dominical. En todo caso, ao longo do día irase clarexando o ceo. Se ben non haberá moito vento e tampouco hai incidencias destacables no mar, as temperaturas manteranse arredor dos 18º ata o domingo, cando sufrirá unha forte baixada non superando as máximas os 14º.

Vernes 15 de marzo

Este vernes comezamos en clave gastronómica coa cata de viños do Marzo Enolóxico de Laxe. Hai doble cita ademais, pois temos o venres ás 19:00h cata de Rías Baixas, e o sábado ás 12:00h cata das IXPS Galegas. Todo no Museo do Mar de Laxe.

Temos tamén cita literaria en Muros, coa presentación do novo libro da mazaricá Mari Carmen Rey, Mulleres. Ás 19:30 no Fábrica de Sel.

A compañía ceense Talía Teatro estrea Vida de Cans no Pazo da Cultura de Carballo a partir das 21:00h.

A esa mesma hora, hai Concerto de Chico Azul no Casino de Carballo.

Sábado 16 de marzo

A mañá sabatina podémola comezar na Ponte de Brandomil, onde terá lugar a presentación da Guía De Santiago a Muxía por Brandomil.

Á mesma hora (12:00), o Casino da Ponte do Porto acolle a presentación do libro sobre o Río do Porto, do SEMESCOM.

A capital de Bergantiños trasladou, por mor do tempo das pasadas semanas, ata este sábado 16 a súa festa do Entroido. O Concurso de Entroido carballés celebrarase a partir das 17:00h.

En clave infantil, Felix Rodríguez e Fran Rey levan o espectáculo Saaabor a Muros. A partir das 18:00h no Centro Cultural.

O Pavillón de Carnota acolle ás 18:00h un Obradoiro de Autodefensa no marco do programa #MarzoFeminista.

Unha das grandes citas da fin de semana é, sen dúbida, a V Festa da Filloa de Zas. O ano pasado foron 2.000 as filloas que se zamparon na cea celebrada no pavillón, nunha cita gastronómica con baile e goce.

A programación continua dos sábados da Casa da Cultura de Vimianzo volve coa estrea da obra Tres vellas de Producións Excéntricas.

A tarde-noite musiqueira comeza na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo, cunha nova cita do Curruncho Pop.

O Mar de Crebas, de Corcubión, a colle un concerto de Malasombra Jazz acompañado da poesía de Xoanxo Cespón.

A noite sabatina pecharase co concerto dos carballeses The Cerne no Celme Cafe de Vimianzo.

Domingo 17 de marzo

I Xornada SéMenteVoando, que se desenvolverá en Lires con obradoiros de ecohorta, xabón natural…

Toda a información debullada na #AxendaCostadaMorte

 

Comentarios