Mércores. 16.10.2024
El tiempo

O BNG exixe no Congreso o tratamento das 10.000 toneladas de fuel do Prestige

Chapapote almacenado do Prestige
Chapapote do Prestige almacenado nas Somozas
O BNG exixe no Congreso o tratamento das 10.000 toneladas de fuel do Prestige

Preguntábamonos hai menos dun mes que pasaba coas 10.000 toneladas do chapapote do Prestige que aínda seguen almacenadas nunha nave das Somozas. Unha situación denunciada este pasado venres no Congreso por Nestor Rego. O deputado do BNG pediu ao Goberno do Estado e á Xunta que acorden financiamento necesario para levar a cabo de maneira inmediata o tratamento dos residuos almacenados.

Para a organización nacionalista “é inaceptábel que, pasados vinte anos, haxa cuestións de índole ecolóxica e de tratamento de residuos que continúen sen resolverse”.

Así o denunciaba a organización ecoloxista ADEGA que lembran que a Lei de Residuos e Solos contaminados obriga a tratar estes residuos nun prazo máximo de 6 meses.

Novas do Prestige

Comentarios