Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Cine documental, gandeiría, poesía e teatro para pechar novembro na #AxendaCostadaMorte

Dous ciclos documentais na Costa da Morte
Dous ciclos documentais coinciden esta fin de semana na Costa da Morte
Cine documental, gandeiría, poesía e teatro para pechar novembro na #AxendaCostadaMorte

Fin de semana diversa na comarca para rematar este mes de novembro. Dous ciclos de cine documental, mestúranse cunha Cea poético-erótica, varias citas teatreiras para pechar varios ciclos, e a Semana Gandeira de Mazaricos.

Parte costeiro

O venres teremos un día bastante tranquilo, con ceos parcialmente cubertos, no que as chuvias irán chegando contra a noite. O sábado será un día de alternancia de nubes, claros… e chuvias. Algo peor estará o domingo, cunha lixeira baixada ds temperaturas.

Semana Gandeira de Mazaricos

Unha das citas máis singulares da fin de semana é a Semana Gandeira de Mazaricos. A cita sobre a que xira o ano nun concello leiteiro como o mazaricán, cunha sesión técnica para o sector, dous días de feira agrícola, unha tarde, a do sábado, para toda a familia, e un domingo de poxa.
Ademais durante toda a fin de semanahai ruta de tapas polos bares da Picota.

O Cine documental protagonista

Poucas citas de cinema documental temos na comarca, para que esta fin de semana conflúan dúas a un tempo. Na Lonxa Vella de Lira, terá lugar venres e sábado, a II Mostra Internacional de Cinema Documental “Mares da Fin do Mundo, a única Mostra Internacional de Cinema Documental de Galicia centrada na pesca sostible e no medio ambiente mariño.

Pero é que a Capela do Pilar de Corcubión acolle, o venres, o Ciclo Etnográfico de Cine Galego, coa proxección de 5 documentais feitas por e para Galicia.

Mareas de teatro

- Talía Teatro pecha con Vida de Cans o XXVI Ciclo de Teatro de Ponteceso nanoite sabatina.

- Tamén o sábado remata o outono cultural de Vimianzo coa obra O Electo.

- Doble cita para pechar a XV Mostra de Teatro de Malpica: o venres teatro para os peques con Puño Puñete, e o domingo maxia co Mago Álex.

Tamén o domingo, en clave familiar para pechar o Outono Rebuldeiro, chega a Vimianzo Malasombra Producións cos Fabulosos Cleaners.

Outras citas

- Na tarde do venres, os Encontros con activistas de Senda Nova quedan con Paco García, activista bergantiñán contra a megaminería.

- Para pechar o Novembro con Música carballés, que mellor que un concerto da Banda de Música.

- A Cea das Letras de Malpica servirá para coñecer o novo gañador do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas.

- O sábado será un día completo nas Torres do Allo. Pola mañá hai un obradoiro infantil, despois de comer volven as Monografías do Allo, esas charlas que dan vida ás Torres zaseiras, cunha doble conferencia de Carlos Galbán e Miguel Ángel Cajigal para a tarde do sábado. E a partir das 18:30h, tradicional Magosto.

- O sábado será un gran día de Festa, polo 130 aniversario, do Casino1889 de Carballo.

- O domingo Muxá acolle unha singular sesión para contar historias sobre Naufraxios.

EXPOSICIÓNS

  • O Faro Vilán acolle a exposición de láminas de Purificación Lema del Río.
  • O Centro Cívico Malpica acolle a exposición ‘Redeiras, unha profesión con historia’, organizada pola Federación de Redeiras, unha profesión con historia’. Estará aproximadamente un mes.
  • Centro Sociocultural de Baio acolle unha exposición, feita polo alumnado do IES baiés, sobre o noso pasado. Pódese visitar de martes a venres de 15:30 a 21:30 horas e os sábados de 10:00 a 18:00 horas.
  • Tenda Turística Stoupa ten aberta a súa nova exposición de Nano Unzueta de martes a sábado de 12 a 14 h e 17 a 20h, ata o 5 de decembro.
  • Galería Garabato expón a obra de Noemí D. Neira ata final de novembro.
  • Faro Vilán abre de 11:00h a 13:30h e de 15:30h a 19:00h de mércores a domingo.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos de 11:00 a 19:00. 
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios