O Comité de Ferroatlántica pídelle a López Madrid que veña a negociar o ERTE á Costa da Morte
Os alcaldes uníronse para esixir que a Xunta faga valer a vinculación entre fábricas e centrais
Este martes 12 de marzo, celebrouse na fábrica de Brens unha nova reunión entre a dirección de Ferroatlántica e os representantes dos traballadores. Unha reunión no marco dunha negociación para fixar os calendarios laborais e deixar claro así canto tempo que afectará o ERTE a cada traballador.
Unha reunión de pouco valor para a CIG, que considera que “non se quedou en nada”, emprazando así a importancia cara a vindeira reunión deste vindeiro xoves 14 ás 10:30, á que a empresa quedou emprazada para aportar outro tipo de solución.
A CGT tampouco valorou positivamente a reunión, pois “os calendarios seguen sen ter un mínimo de lóxica, por varios motivos. Hai discriminacións en todos os ámbitos, por polivalencia, polos festivos que unha gran maioria deixan de facer, por repartición dos días de ERTE, etc…” sinala Juan Villar.
Así, o Comité de Empresa ao completo enviou un escrito ao presidente de Ferroglobe, López Madrid, facéndolle chegar o “descontento polo trato recibido por parte da empresa, por como se está tratanto a este centro de traballo, en relación á información real da situación da empresa, en materia de negociación do ERTE, pola falta de diálogo, máis se cabe vendo como lles está afectando a outras fábricas do grupo”.
Píndelle que “se persone no centro de traballo costeiro para dar as explicacions pertinentes sobre a nosa situación, e que veña con un compromiso real de arranque dos fornos”.
Apoio dos alcaldes
Paralelamente, 7 máximos representantes municipais (Cee, Dumbría, Zas, Corcubión, Muxía, Vimianzo e Fisterra) mantiñan este pasado luns unha reunión na que se compromenten a solicitar unha reunión co presidente da Xunta para que inste a empresa a poñer en marcha os fornos, e fagan cumprir ás condicións concesionais das centrais hidroeléctricas. Unha medida para presionar a Xunta "para que faga valer a vinculación entre a produción eléctrica e a industrial e para que o conselleiro de Industria atenda a solicitude de reunión que lle temos pedida".
Reunión no Parlamento Galego
Este mércores, unha delegación do Comité de Empresa acudiu ao parlamento galego convidado polo BNG de Cee, para asistir ao pleno no que o BNG debateu co Conselleiro de Industria e no que o BNG pediu que se impliquen a fondo no problema do ERTE de Ferroatlántica.
BNG e CIG consideran que "a Xunta elude a sua responsabilidade como goberno galego e o único que fai e pasarlle a pelota ao goberno central en relación a tarifa electrica aínda non sendo a tarifa unha xustificación para ter parados os fornos".
Por iso piden á "Xunta que se aplique a mesma firmeza que lle pide o goberno central co estatuto electrointensivo, que a teña para facer valer as condicións concesionais das centrais hidroeléctricas para o mantemento da actividade industrial e polo tanto dos postos de traballo". E por último reiteran a petición da reunión do Conselleiro que está sin data.
Novas do co conflito #Ferroatlántica
- 02-03-19: Concentración ás portas de Brens e reunión en Madrid.
- 28-02-19: Novas negociacións, concentracións e denuncias tensan aínda máis o conflito Ferroatlántica.
- 26-02-19: “Non asinamos o acordo pero conseguimos frear a versión máis dura do ERTE”.
- 25-02-19: O Director Xeral de Industria recibirá ao Comité de Ferroatlántica.
- 22-02-19: A dirección de Ferroatlántica non só se nega a arrincar os fornos, senón que se formula ampliar o ERTE.
- 22-02-19: O Conselleiro confirma que se Ferroatlántica para outro forno rescatará a concesión das centrais.
- 20-02-19: A CIG esíxelle a Ferroatlántica a reactivación dos fornos para continuar negociando.
- 15-02-19: O Comité de Ferroatlántica comeza a unirse ante o perigo do ERE.
- Febreiro 2019: O ERTE de Ferroatlántica poderá afectar a máis do 50% dos traballadores costeiros.
- Febreiro 2019: Os traballadores de Ferroatlántica enfróntanse ao ERTE co Comité absolutamente quebrado.
- 06-02-19: Os grupos parlamentarios lembran a blindaxe dos postos de Ferroatlántica á concesión hidroeléctrica.
- 05-02-19: “O ERE de Ferroatlántica non se axusta á legalidade”:
- 28-01-19: Ferroatlántica divide ao pleno de Cee.
- Xaneiro 19: En Marea esixe a Xunta que faga cumprir a concesión a Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: A CIG mobilízase pola readmisión do traballador despedido por un comentario nas rrss.
- Xaneiro 19: O Concello de Cee compromete o seu apoio cos traballadores de Ferroatlántica:
- Xaneiro 19:O berro dos traballadores de Ferroatlántica tamén se escoitou na Coruña.
- Xaneiro 19: “O PSOE fai unha boa declaración de intencións a 6 meses vista pero en 15 días algún pode estar xa na rúa”.
- Xaneiro 19: O BNG leva a pleno o peche dos fornos de Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: En Marea critica o peche dos fornos dunha eternamente subvencionada Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: “Fornos apagados, todos parados”.
- Xaneiro 19: A parálise de dous fornos e a retirada de materias primas, avisos previos do ERE de Ferroatlántica.
- Decembro 18: A CIG salta ante o posible ERE temporal nas fábricas de Ferroatlántica.
- Decembro 18: Ferroatlántica despide un traballador que foi delegado sindical da CIG por un comentario nunha rede social.
- Outubro 18: A CIG reclama a anulación da votación na que se aprobou o Acordo Marco en Ferroatlántica.
- Xuño 18: O Comité de Ferroatlántica non saiu con boas sensacións da reunión coa Dirección.
- Maio 18: O Comité queima o Acordo Marco de Ferroatlántica.
- Decembro 17: Os traballadores de Ferroatlántica volven concentrarse contra o chamado “Acordo Marco”.
- Decembro 17: Augas de Galicia confirma que as centrais e a fábrica de Brens son inseparables.
- Novembro 17: “A gran mentira” do Plan Industrial de Ferroatlántica:
- 16-05-17: Preocupación no Comité de Ferroatlántica trala falta de compromiso do Conselleiro de Industria.
- 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas