Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Consello da Cultura Galega tamén solicita a revisión do Plan Sectorial Eólico cun informe

CCG_2021-Informe-da-Comision-Tecnica-Temporal-sobre-enerxia-eolica-e-paisaxes-culturais-en-Galicia copia
O Consello da Cultura Galega tamén solicita a revisión do Plan Sectorial Eólico cun informe

Foron, entre outras, o Seminario de Estudos da Costa da Morte (SEMESCOM), e as combativas Asociación Ambiental e Cultural Petón do Lobo, Asociación Cova Crea as que provocaron a implicación do Consello da Cultura Galega na invasión eólica. E a resposta do CGG é a elaboración dun completo Informe da Comisión Técnica Temporal sobre Enerxía Eólica e Paisaxes Culturais.

Un informe completísimo, de case 100 páxinas, nas que recoñece o evidente impacto dos parques eólicos e as súas infraestruturas asociadas sobre o patrimonio cultural (material e inmaterial) de Galicia.

As primeiras cifras sobre o novo Impulso Eólico dan conta da importancia destes momentos para o noso territorio: “En Galicia existen 176 parques eólicos, cunha potencia de 3.867 megavatios e que están situados en 121 dos 313 concellos. Aínda que non existe un rexistro público oficial, estímase que está en trámite a concesión de 275 parques, que sumarían 7.200 megavatios”, o que sería a duplicación da potencia e a incidencia actual, invadindo o 30% do noso territorio, nun país que xa que 2019 duplicaba a taxa de enerxías renovables que marca a Unión Europea para 2030.

O CGG, consciente desta situación comprometeuse coa “publicación deste informe para o acceso e maior toma de conciencia da cidadanía en relación á necesidade da protección do patrimonio cultural de Galicia”.

Principais conclusións:

Entre as conclusións ás que chega o devandito informe, recollidas pola Rede Galega Stop Eólicos, serían:

  • É prioritaria a revisión do Plan sectorial eólico de Galicia e o seu sometemento a avaliación ambiental estratéxica.
  • É necesario ampliar a Rede Natura e caracterizar as paisaxes cunha definición a maior escala e detalle. E salvagardar lugares que teñen valor pola súa riqueza natural, cultural, paisaxística, etnográfica ou histórica.
  • A construción de parques eólicos cubrindo a totalidade do territorio galego racha coa conectividade entre lugares, coa imaxe da paisaxe tradicional e coa memoria colectiva dos seus habitantes.
  • Fragmentación irregular: É necesario un compromiso político coa integración ambiental do desenvolvemento eólico impedindo tácticas como a individualización de parques eólicos contiguos que comparten infraestruturas comúns.
  • Non se pode equiparar a participación pública coa información pública, xa que a segunda non pode substituír á primeira.
  • A curto prazo, débense mellorar a ordenación do territorio e a avaliación ambiental pódense re-deseñar e mellorar a súa función.
  • A longo prazo, debe re-formular o modelo de desenvolvemento económico cara a unha sociedade sustentable, o que inclúe unha reflexión sobre as condicións reais de sustentabilidade das chamadas "enerxías renovables”.

”É incuestionable que este despregamento eólico modificaría negativamente o territorio e as súas dinámicas e xeraría unha nova paisaxe”, recoñece o informe.

Por todo isto, “Urxe solicitar unha moratoria na autorización de parques, para que as administracións competentes corrixan as eivas descritas no presente informe, antes de continuar coa forte expansión desta tecnoloxía enerxética.

 

NOVAS SOBRE OS EÓLICOS

Comentarios