Lembrando o Prestige en formato podcast

Tras case unha década de esquecemento total, agás polas investigacións da nosa María Bella, este 20 aniversario do afundimento do Prestige está sendo unha perfecta excusa para que todo o estado volva mirar á nosa esquina. Para revivir a memoria da meirande catástrofe ambiental vivida no noso estado, para rescatar datos que non se fixaran nas nosas mentes, ou que non se deixaran analizar.
Ademais do doble programa especial de Salvados, que este domingo emite en LaSexta o segundo episodio.
Tamén en clave radiofónica temos varias opcións de revivir aquela época.
Carne Cruda
Teatro e xornalismo unen forzas para realizar unha serie en formato podcast da man do programa Carne Cruda. “Cando o mar se quedou mudo” consta de 4 episodios que lembran como foi aquela marea negra, a marea de bulos, a marea cidadá que respondeu á mentira e reflexiona sobre que nos/nos trouxo aquela marea.
Detrás dos micros, como locutora, Ana Pardo de Beira, co guión de Paola Obelleiro. Acompaña Viki Rivadulla ou Nacho Castro e os protagonistas de Chévere, a compañía de teatro que leva realizando o espectáculo de obra de teatro documental N.E.V.E.R.M.O.R.E..
O especial emitirse tamén na radioneria e Radio Roncudo.
Ser Podcast
Paralelamente, La Ser saca tamén un podcast especial de varios capítulos, locutado polo corcuñés Manuel Burque: Chapapote, la mancha del Prestige xa ten os seus 4 episodios publicados, falando con xentes como o percebeiro muxián Toñico Haz ou a voluntaria e agora mestra en Baio, a nosa Lola Rontano:
Artigos relacionados
- José Luís Louzán: Que vinte anos son nada….
Novas do Prestige
- A investigación universitaria e a sociedade civil analizan as consecuencias do Prestige en Muxía.
- Camariñas homenaxeará ás persoas voluntarias ddo ‘Prestige’ que se aloxaron no Concello.
- José Luís Louzán: Que vinte anos son nada….
- Gonzo: “A política de desinformación do goberno co Prestige está moi de actualidade”.
- “O Prestige foi o momento propicio para acabar coa nosa identidade, coa nosa forma de vida no mar”.
- Mulleres tecendo memoria: Nunca máis chapapote patriarcal.
Seguemento do Xuízo do Prestige, por José Luís Louzán
- Decembro: 2013: Nunca Máis, e a Xunta, recurrirán a sentenza do Prestige:
- 13-11-13: Nin un só culpable pola catástrofe do Prestige.
- 27-03-13: O xuízo do Prestige desvela o catastrófico balance forense.
- 11-01-13: A rescatadora do Prestige culpa a Fernández de Mesa de alonxar o barco.
- 28-11-12: O ex Director da Marina Mercante só respostou ás preguntas da súa defensa aludindo “trato inadecuado”.
- 27-11-12: Xuízo Prestige: López-Sors culpa a empresa de rescate do destino final do “Prestige”.
- 23-11-12: López-Sors: “A min me parecía mellor que o barco se afundise o máis lonxe da costa”.
- 21-11-12O xefe de máquinas do Prestige coincide na teoría da “onda xigante” ante as protestas de Nunca Máis.
- 20-11-12: Mangouras: “Sen as decisións das autoridades españolas a contaminación non tería chegado ao Cantábrico”.
- 20-11-12: Mangouras no Xuízo Prestige: “O rumbo que nos deron era erróneo”.
- 15-11-12: Mangouras considera que o mercante debeu ser levado á “ensenada de Corcubión” para trasegar alí a carga.
- 15-11-12: O Xuízo Prestige ao minuto: Mangouras asegura que había que fondealo barco.
- 13-11-12: Magouras: “Leváronnos nun féretro flotante a afogar”.
- 13-11-12: Mangouras declarando 10 anos despois.
- 19-10-12: Entrevista a Pedro Trepat Silva, avogado da Plataforma Nunca máis no Xuízo pola traxedia do “Prestige”.
- 18-10-12: Xuízo do Prestige, Día 2.
- 17-10-12: Xuizo do Prestige, Día 1: Os acusados.
- 16-02-12: QPC fará un seguemento especial do Xuizo do Prestige.