Xoves. 10.10.2024
El tiempo

COVID: Carballo, Fisterra e Vimianzo pasan a Nivel Alto; Muros ao Medio cando a Xunta implanta novas restricións

Captura de pantalla 2021-07-21 a las 13.33.19
Captura de pantalla 2021-07-21 a las 13.33.19
COVID: Carballo, Fisterra e Vimianzo pasan a Nivel Alto; Muros ao Medio cando a Xunta implanta novas restricións

A Xunta vén de anunciar as novas medidas de restrición ante o avance desta 5ª onda, que xa rexistra unhas taxas de incidencia acumulada a 14 días de 1.000 novos casos por cada 100.0000 habitantes entre a poboación non vacinada (menores de 40). Na Costa da Morte, de feito, xa superamos unha incidencia acumulada de 250 coa curva en tendencia exponencial, chegando aos 342 casos rexistrados nos últimos 14 días, o triple que o pasado 5 de xullo.

Captura de pantalla 2021-07-21 a las 13.30.43

Son varias as decisións importantes que nos atinxen a todos, pero máis aínda aos concellos de Carballo, Fisterra e Vimianzo, que son 3 dos 29 concellos que pasarán a estar en vermello, en situación de risco Alto, dende o este sábado 24 de xullo. Muros, ademais será un dos 38 concellos en Nivel Medio (laranxa).

Deste xeito, nos tres concellos en Nivel Vermello, a hostalería só poderá abrir, ata as 1:00h, as terrazas ao 50% e o interior ao 30% previa acreditación de vacinación ou test negativo nas últimas 72 horas ou de ter pasado a covid. No resto de niveis non será necesaria a acreditación, pero se prohibirá as reunións de non convivintes ente as 1:00h e as 6:00h nos nivels máximo e alto, e ebtre as 3:00h e as 6:00h no resto de concellos.

Se ben a Xunta elimina os peches perimetrais, si que restrinxirá a partir do sábado as reunións tanto entre conviventes como entre non conviventes en calquera ámbito, quedando a 6 no interior e a 10 no exterior.

MÁIS NOVAS SOBRE O COVID

Comentarios