COVID: A Costa batalla a escalada da 5ª onda
Segue medrando o impacto desta 5ª onda do covid 19 na Costa da Morte, cos 7 concellos xa coas restricións activadas. O balance da última semana reflexa máis dun centenar de casos máis detectados na última semana (case 600 foron declarados onte polos 472 do día 25 de xullo). A taxa de incidencia media ronda os 450 novos casos destectados nos últimos 14 días por cada 100.000 habitantes, se ben concellos de Carballo, Cee, Fisterra, Corcubión e Muros mantéñense cunha taxa que supera con creces os 500.
En calquera caso semella que nos últimos 4 días a tendencia baixa algo, e por exemplo parece que Carballo consegue frear a escalada, e baixa 23 casos nos últimos 4 días. Vimianzo tamén baixa lixeiramente pero Laracha, pola contra, sube 20 casos na última semana.
Preocupa tamén agora a comarca de Fisterra, con 45 casos máis que hai unha semana, con Cee e Fisterra á cabeza.
Vacinación
Mentres, continúa o proceso de vacinación na área sanitaria. Se ben hoxe luns non se vacina, o martes serán 600 os mozos e mozas de entre 20 e 29 anos que recibirán a primeira dose de Pfizer no HVDX. No CHUAC poranse 8.081 vacinas tamén a repescas, Erasmus e a autocita de moz@s.
MÁIS NOVAS SOBRE O COVID
- 28-07-21: COVID: Xa son 7 os Concellos da Costa da Morte con diferentes niveis de restricións.
- 26-07-21: COVID: Queixas na comarca polo retraso na segunda dose.
- 21-07-21: COVID: Carballo, Fisterra e Vimianzo pasan a Nivel Alto; Muros ao Medio cando a Xunta implanta novas restricións.
- 19-07-21: COVID: Duplícanse os novos casos nas dúas últimas semanas.
- 16-07-21: COVID: A curva pica para arriba.
- 12-07-21: COVID: O Sergas afronta un novo cribado en Carballo pero non anuncia novas restricións.
- 12-07-21: COVID: O Sergas anuncia un cribado entre a mocidade da Laracha ante o repunte de casos na comarca de Bergantiños .
- 07-07-21: COVID: Levantan as restricións en Carnota.
- 30-06-2021: COVID: Sitúan a Carnota no nivel alto de restricións mentres que Camariñas e Malpica volven ao baixo.
- 28-06-21: COVID: Realizan un cribado tralo gromo detectado en Carnota.
- 23-06-21: COVID: Camariñas e Malpica mantéñense no nivel medio de restricións.
- 16-06.21: Camariñas e Malpica, dous dos tres concellos en nivel medio
- 05-06-21: Falece unha muller de 67 anos no HVdX.
- 03-06-2021: COVID: A Costa enteira queda sen restricións mentres avanza a vacinación.
- 01-06-21: COVID: Falece unha muller de 94 anos no HVdX