A importancia de votar nas Eleccións Europeas
Si, este domingo hai Eleccións. Eleccións Municipais, pero tamén Eleccións Europeas, aínda que non o pareza. E sen restar a importancia que teñen os comicios que deciden as administracións máis cercanas a nós, pouca incidencia mediática teñen os Europeos para a repercusión que teñen nas nosas vidas.
Esta semana Marisol Soneira lembrábanos a importancia de participar nas Europeas. Unha importancia que parece que só teñen claro no IES da Ponte do Porto, onde os Euroembaixadores xa teñen realizado dende un debate no Ágora Europeo ata unhas eleccións.
Son moitos os temas que nos atinxen que se deciden en Bruxelas. Pesca e agro son dous exemplos clarísimos de como as decisión no Parlamento Europeo incide nas nosas vidas. De aí a relevancia de ter escollido aos nosos representantes.
Hoxe pedímoslle a unha das poucas eurodeputadas galegas presentes no Parlamento que nos explique por que debemos ir votar este 26 maio, e meter papeletas nas dúas urnas.
Novas relacionadas
- Marisol Soneira: Pero... existen Eleccións Europeas na Costa da Morte?.
- As Eleccións Europeas decídense… na Ponte do Porto.
- O Ágora Europeo do IES Pedro da Aguia acolleu un intenso debate sobre pesca e sostibilidade.
- O Fondo Europeo Marítimo e da Pesca esquece a pesca artesanal galega.
- Outubro 18: “Queremos que Europa trate dun xeito diferenciado á pesca artesanal deixándonos fóra do TACs e as cotas”.