Venres. 29.03.2024
El tiempo

López-Sors: “A min me parecía mellor que o barco se afundise o máis lonxe da costa”

López-Sors: “A min me parecía mellor que o barco se afundise o máis lonxe da costa”
Lopez-Sors, o único imputado político no Xuizo do Prestige

José Luís López-Sors, o único imputado político no caso, contestaba hoxe a un duro interrogatorio a preguntas da acusación popular da plataforma “Nunca Máis” con preguntas dedicadas a encadrar a figura do director xeral, quen o elixíu para ocupar ese cargo e que potestades tiña no exercicio do mesmo. A declaración comezou con certa polémica o indicar López-Sors que non “entendía” o letrado de Nunca Máis, que hoxe utiliza o galego para facer as súas preguntas.

O ex Director xeral confirmaba que el tiña “capacidade de decisión” sen necesidade de autorización algunha de outros altos cargos ou departamentos, asumindo así toda a responsabilidade das decisións tomadas nos días do sinistro e ata o día 15 de decembro.

Pero o máis salientable da primeira parte do interrogatorio de Pedro Trepat, letrado de Nunca Máis, pasa pola conversa que López-Sors mantén co Coordinador de Salvamento Marítimo, Pedro Sánchez, e onde o ex Director da Mariña Mercante pedía, literalmente, que “lle amarren un cabo o petroleiro e o separen da costa ata que se afundira”, extremo non negado polo propio López-Sors.

Aínda máis, o ex Director xeral confirmou que a súa prioridade era “separar o barco da costa seguindo a practica habitual nestes casos”, como ben podedes escoitar aquí:

Ir a descargar

“Estudouse trasegar o fuel a outros barcos, pero era inviable”

"As decisións que se toman ese día se toman pensando no peor escenario posible" dixo López-Sors que tamén afirmou que "o risco era que tiñamos un barco en presunto mal estado e había que anticiparse". “O maior risco era unha embarrancada” indicou López-Sors, a pesares de que naquel momento do día 13 o barco estaba a 27 millas de terra.

“Estudouse a posibilidade de achegalo máis a costa na vez de sepáralo. O día 14 cara o mediodía é cando se decidiu que o mellor era sepáralo a 30 millas polo menos”.

López-Sors, confuso nas súas respostas nalgún momento da declaración, recoñeceu que as decisións tenderon sempre a afastar o barco “para evitar que embarrancase” recoñecendo mesmo que esta consigna pesou máis que a do salvamento, como figura en varias conversas entre o ex Director xeral e o coordinador de salvamento marítimo.

As incongruencias e confusión continuaron cando López-Sors negaba primeiro que se chegara a estudar a posibilidade de meter o barco na ría de Corcubión para, segundos despois, afirmar que se tería estudado a posibilidade pero que “non se nos ocurriu”.

O ex Director da Mariña Mercante tamén sobre a posibilidade de entrar o petroleiro en Corcubión afirmou que “si o tivera feito hoxe estaría no cárcere co señor Mangouras”:

Ir a descargar

Sen asesoramento técnico cualificado

López-Sors tamén recoñeceu que, contra o que indica o Plan de Emerxencia “non se constituíu comité técnico nun primeiro momento” aínda que se recollían as opinións dalgúns asesores externos o órgano director da crise.
Aínda máis, o ex Director xeral recoñeceu que o técnico enviado a bordo (Serafín Díaz) non viaxou ao “Prestige” só para poñer en marcha a máquina do petroleiro senón tamén para dar conta do estado do mercante.

O letrado da plataforma tamén preguntou se “a única reunión con técnicos, documentada nas actas e a celebrada o día 19 de Novembro”. López-Sors matizaba “o organismo reitor reuniuse con técnicos moito antes, por exemplo eu mesmo, que o son, Manuel Nogueira ou o capitán marítimo”. “Todos técnicos, aínda que nas reunións do comité de crise non se trataron aspectos puramente técnicos ata o citado día 19".

“Non sei se a corveta portuguesa que se cruzou co mercante impediu que se continuase co rumbo sur, pero si é certo que estivo alí e nos mandamos outra corveta para acompáñalo” di López-Sors que tamén recoñeceu que “en ningún momento o barco estivo a 120 millas” coma se dixo.

Sobre esa fase da catástrofe, entre os días 15 e 19, López-Sors afirmou que “as decisións sobre o rumbo as tomaban os rescatadores” da empresa de Salvamento encargada do rescate do mercante.

O ex-director xeral tamén recoñeceu que os rescatadores “Pediron refuxio en Vigo e despois en Xibraltar, pero nos negámonos a que entraran en Vigo”. Negou tamén que se tiveran producido presións por parte de Francia ou outros países en relación co rumbo do buque aínda que recoñeceu que “Francia si amosou preocupación por este asunto e emitiu unha petición na que rogaban que as autoridades españolas buscaran un rumbo mais beneficioso para Francia”.

Plan de emerxencia e contaminación

Sobre o vertido en si e as medidas para evitalo, pregunta Alejandro Martín sobre “a que especialistas ou organismos se consultou” (por exemplo a Universidade de Vigo que conta cun centro especializado) e neste senso as respostas de López-Sors confirmaban que non se ”fixeron consultas” nin se tivo excesivo control da cantidade real de fuel que chegaba as costas.

Por exemplo, para o máximo responsable de salvamento naquel momento “nós estábamos convencidos de que todo o tempo que a contaminación permanecese no mar era positivo, porque o que chegase chegaría moito menos nocivo e de xeito mais sinxelo”
“Por iso” di López-Sors “o destrozo que se fixo nas praias foi moi inferior o do Erika en Francia”.

O ex Director Xeral da Mariña Mercante voltará a declarar o próximo martes, na cuarta semana de vistas polo desastre do “Prestige”.

  • José Luís Louzán, enviado especial de QPC e GC.

Seguemento especial do Prestige, gracias a Suministros Lar

Suministros Lar colabora no seguemento especial do xuizo do Prestige con QPC

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios