Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Camiño dos Faros xa se pode facer en bicicleta de montaña

O Camiño dos Faros xa se pode facer en bicicleta de montaña
Antonio González facendo o Camiño dos Faros en BTT Antonio González facendo o Camiño dos Faros en BTT

Despois de varios meses de traballo, o Camiño dos Faros xa ten a súa versión para bicicleta. De montaña, por suposto, pois adaptar unha ruta como esta ás dúas rodas non foi nada sinxelo. Así o corrobora Antonio González, presidente del Club Ciclista de Cee, que xunto a Asociación Camiño dos Faros vén de abrir (en forma de track, aínda non sinalizada) dous tramos para percorrer os 200 km que unen Malpica e Fisterra polo litoral.

Os transos explican que é ciclable ao 98%, aínda que cada etapa ten a súa inevitable trampa, en forma de forte pendente, descenso perigoso ou tramo moi técnico. Mesmo hai pequenos tramos no que hai que patear algo, nunca máis de 400 metros seguidos.

Ademais, recomendan tamén facelo en 8 etapas para poder ir parando e disfrutar do noso marabilloso litoral.

Antonio González facendo o Camiño dos Faros en BTT Antonio González facendo o Camiño dos Faros en BTT, parando e disfrutando da senda e da bisbarra

Máis información

Tendes todas as rutas xeolocalizadas aquí:

 

Novas relacionadas

O primeiro Camiño dos Faros por etapas (2013)

Fonte

Comentarios