domingo. 25.05.2025
El tiempo

Overbooking en Salvacadelos nesta recta final de verán

Overbooking en Salvacadelos nesta recta final de verán
Salvacadelos saturado

Non saben se por mor do verán, pola chegada de visitantes ou peregrinos, pero estes días a Clínica Veterinaria Argos, o fogar de Salvacadelos, está saturado.

Nestas dúas últimas semanas son unha morea de canciños e gatiños os que, por unhas razóns ou outras, necesitan un novo fogar. Moitos abandonos, pero tamén moitas familias que xa non poden acoller aos seus compañeiros porque teñen que emigrar…

É o caso de "Manoliño" (o do medio de arriba), un canciño de casi 5 anos, castrado, que levaba tempo nunha casa de acollida, dunha Salvadora, pero que xa non pode mantelo máis. Hai outros que se perderon, como "Isla" (a negra da esquerda da fila do medio), que foi atopada na Praia da Boca do Río, en Carnota. Outra que apareceu preto da Clínica foi esta cadela con collar marrón (a de abaixo no centro).
Salvacadelos coida nestes días tamén de Risitas (a do medio e medio), unha cadela noviña e moi cariñosa. Mentres os dous cadeliños (de abaixo á esquerda) son de Pasarela, e buscan comezar a súa vida nunha casiña.
Outro que busca casa é Lobo, de raza media e 4 anos. Os seus donos emigran e non poden levalo, polo que busca unha casa con finca onde poder correr.
E logo tamén están os dous fermosos gatiños de 3 ou 4 meses que están para comelos.

Unha iniciativa solidaria a de Salvacadelos que segue medrando, e que xa conta no Facebook con máis de 2.000 siarieiros, que comparten, que difunden… que axudan a salvar aos nosos queridos animaliños e a formar novas familias. Moitas gracias!!

Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (salvacadelos@quepasanacosta.gal).

Comentarios