A penúltima Axenda do verán, con Festiletras, Festórreo e varias festas como citas destacadas

Rematou agosto pero setembro aínda nos vai deixar un par de fin de semana festexeiras. Arrincamos co repaso desta primeira, que ten como
Festiletras
Tres días contidos en galego na aldea cultural do Couto, en Ponteceso. Cómpre vivir como unha aldea enteira se convirte en escenario, cedendo as eiras, as palleiras… para albergar concertos, obras, artesanía, presentacións…
Festórreo de Lira
Volven as Canle Nius, o telediario máis divertido do mundo mundial. O sábado, o hórreo de Lira e a sú’a Eira acollle unha festa tremendamente singular, cos concertos de Xur, The Rapants e Festicultores.
Festas de Baio
Arrinca setembro en Baio a golpe de verbena.
Festas de O Esto
As do Esto, en Cabana, son unhas das festas potentes deste comezos de setembro, con tres días de troula.
FESTAS DE BAÍÑAS
Por Baíñas, Vimianzo, tamén hai tres días de lea.
Festas de San Ramón de Vigo-Mallas
Por Fisterra, hai festa sábado e domingo.
Festas de Grixoa de Esternande
As Festas na honra da Nosa Señora do Portal de Grixoa de Esternande, en Santa Comba, danse do 2 ao 3 de setembro.
Monólogo en Fisterra
Hoxe venres 1 de setembro, ás 21:00h na Praza do Río, xunto á praza de Fco. Esmorís Recamán, cando a actriz e creadora fisterrá Mariña Lestón presente o seu novo traballo: “Dende o baleiro das ondas”.
Outras visitas
O CASTELO DE VIMIANZO
Está moi vivo o Castelo de Vimianzo este verán.
FARO VILÁN
O único faro da Costa da Morte que está aberto ao público é o Vilán, con exposición permanente sobre a súa historia e outras exposicións culturais.
AS TORRES DO ALLO
Teñen unha boa visita este verán as Torres do Allo, coas visitas teatralizadas, escape room e exposición de Pazos.
Ademais, esta o venres 25, Caxoto tráenos os seus contos para público familiar.
ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS NO EU QUERO RAZO-BALDAIO
A contorna natural carballesa acolle unha marea de actividades medioambientais con varias entidades.
VISITAS NO MUSEO FERNANDO BLANCO
Os venres ás 11:00h podes programar a túa visita guiada polo Museo Fernando Blanco de Cee.