Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Couto engalánase para o Festiletras

O Couto ponse de festiletras
O Couto engalánase para o Festiletras

Xa está o Couto listo para albergar a 41ª edición do Festiletras. A festa das letras galegas máis auténtica do país, trasladada nos últimos anos a esta primeira fin de semana de setembro. Abrirá o venres 1, como vimos na presentación oficial a semana pasada, cunha xornada dedicada á cativada da Escola de Verán que vivirá unha xornada de despedida moi moi especial. Pero a partir das 18:00h do venres, ata a noitiña do domingo, haberá música, teatro, baile, artesanía… todo “senporsen” galego.

Este ano volven ser escenarios de madeira, que maridan fenomenal cunha aldea que representa, como ningunha no país, o traballo en comunidade. Ata 7 escenarios (ademais do central da eira da Fundación Eduardo Pondam prestan a veciñanza prestan espazos como a Eira de Pailetes, Eira da Cantexa, Eira de Pontedona, Eira de Cousilla, ou Eira de Rosende) acollerán máis de 40 eventos culturais.

Festiletras 2023-Programa 1

Como dicimos, a mañá do venres ten temática infantil, con Monicrekes Alacrán, María Canosa, paco Nogueiras, Anxo Moure & Irma Macías, Cé Orquestra Pantasma, Julia de la Cal, Pakolas ou Pulpiño de Viascón. Omar Rabuñal abrirá o festival de pago cos seus documentais feitos na casa, recoñecendo ás mulleres do rural, antes da esperada aparición de Rozalén e os concertos de Momboi e Oreka TX na Eira da Pontedona (as entradas están agotadas…).

Festiletras 2023-Programa 2

Se ben Bonos dos 3 días están esgotados, así como as do venres, si que quedan entradas para sábado e domingo (non moitas…) que podedes conseguir en festiletras.gal. O menú será variado. Dende as 13:00h da mañá, xa co mercado de artesanía a pleno rendemento, irán aparecendo Os Quinquilláns co seu marabilloso teatro, e irán enchendo as eiras Mini e María Rivas, Blues do Páis, Amorante, Faíscas da Pontragha, Lucía Aldao, Bestas ata os concertos de Moura, Catuxa Salom, Familia Caamagno, Eskorzo e Throes.

Para o domingo potentísima sesión vermú con Lamatumbá e peche con Xabier Díaz e amigxs.

Festiletras 2023-Programa 3

Muta o Couto

Mentres, dous artistas como Nove Noeele e Isaac Cordal xa están na aldea pintando un par de novos murais, para darlle aínda máis vida.

 

RELACIONADOS

Comentarios