O PSdG fomenta unha mesa de diálogo entre bateeiros e percebeiros

Segue moi vivo o confito da mexilla entre percebeiros e bateeiros. E na liña do diálogo foi enfocada a reunión promovida polo secretario do PSdG, Valentín González Formoso no día de onte. Representantes dos bateeiros, das Confrarías e algún alcalde/sa da nosa comarca participaron nun encontro na sede da Federación Galega de Confrarías, en O Milladoiro -Ames-.
Participaron no enconntro José Antonio Pérez Sieira, responsables de varios pósitos implicados, e coa responsable de Pesca do PSdeG e do Grupo Socialista no Parlamento, Patricia Otero, o portavoz de Marisqueo no Grupo Parlamentario, Julio Torrado, o responsable da CEP de A Coruña, Walter Pardo, e os alcaldes de Muxía -Iago Toba-, Camariñas -Sandra Insua-, Fisterra -José Marcote- e Ames -Blas García-.
Formoso quxio mandar así unha mensaxe á Xunta que “debe de aprender a lexislar como fan os colectivos: falando”. Advertiu de que “as normas que son cambiadas despois de tanto tempo sen consenso e con imposición conlevan enfrontamentos que son perfectamente resolubles vendo o ton construtivo e propositivo dos dous colectivos, e dialogando como están a facer agora mesmo”.
Salientou que os dous colectivos comparten a mesma problemática, que é por unha banda garantir unha produción sostible de percebe e, pola outra, ter garantida mexilla suficiente para manter a produción de mexillón”. Sinalou que estas xuntanzas “en positivo” auguran “máis achegamentos entre eles, que acabarán chegando a acordos entre eles, o que é moi positivo para un sector tan estratéxico para Galicia”.
NOVAS SOBRE PERCEBEIROS
- Xaneiro 21: A extracción da mexilla volve poñer de manifesto a dobre vara de medir da Xunta cos percebeiros.
- 30-11-21: Estas son as zonas de 5 Concellos da Costa nas que a Xunta limita a extracción de mexilla para garantir a convivencia co percebe.
- Setembro 21: O TSXG ampara unha medida da Xunta para comezar a restrinxir zonas de extracción da mexilla.
- Os percebeiros de Galicia envíanlle o CV á Xunta ante o risco de desaparición da súa profesión.
- Xaneiro 21: Sen solucións ao problema da mexilla 8 meses despois dos conflitos entre percebeiros e bateeiros.
- 15-10-2020: Os percebeiros de Muxía tiveron que acodir ao Xulgado por unha denuncia dos bateeiros da Arousa.
- 30-05-2020: As confrarías trasladáronlle o seu malestar á Conselleira por situarse do lado dos bateeiros.
- 26-05-2020: As confrarías consideran ridícula a proposta da Xunta de excluír da extracción da mexilla só 50 dos 1.7000 km da costa atlántica galega.
- 21-05-2020: “O pobo sentíu unha humillación pola invasión dos bateeiros, como cando os falaxinstas chegaban a desvalizar as casas”.