Martes. 30.11.2021
El tiempo

#SoandoconForza: Un cento de bandas da década dos 2000

MAIKEL PEREZ CASTRO DJ Spotofy
#SoandoconForza: Un cento de bandas da década dos 2000

Esta semana lembramos esos grupos da década do 2000 que tiveron o seu momento de gloria e que desapareceron sen deixar rastro, grupos que editaron algún disco destacable, algúns sinxelos pegadizos ou en algúns casos case se poderían catalogar de bandas ¨One Hit Wonders¨.

Foi a época (aproximadamente dende o ano 2001 ata o 2012) do revival pospunk e dance-rock, cada semana os medios británicos vendían as novas bandas como os próximos Joy Division (Editors, Bloc Party, Maximo Park, These New Puritans, The Rakes, The Maccabees, Art Brut, The Futureheads, White Lies, The Courteeners, The Horrors….) ou moitas outras tan dispares como: The Darkness, The Kills, Gomez, British Sea Power, Simian Mobile Disco, Fujiya & Miyagi, Foals, Starsailor, Keane, Snow Patrol, Ladytron, The Whip ou The Ting Tings. Tamén Broadcast e Electrelane que case poderían estar xuntas en outra categoría.

Merecidamente ou non, a categoría de “banda para masas” ou ¨grupo de estadio¨ (se é que ese era o obxectivo) só chegaron a conseguilo uns poucos grupos como: Coldplay, Muse, M.I.A. Artic Monkeys, Amy Winehouse ou Franz Ferdinand. E xa un escalón (ou dous) máis abaixo: Kaiser Chiefs, The Libertines, Kasabian, Editors ou Bloc Party.

Nova Iork volvía á influencia da Velvet, de Talking Heads, de Blondie, de Television e o pospunk, con bandas como The Strokes, Interpol, Yeah Yeah Yeahs, TV On The Radio, Liars, Vampire Weekend, Clap Your Hands Say Yeah, Blonde Redhead, Antony and the Johnsons, The Pains of Being Pure at Heart, Au Revoir Simone, Battles… e xa na parte de bandas máis orientadas as pistas de baile, selos coma DFA Records, con James Murphy ós mandos, sacaban a grupos como: LCD Soundsytem, The Rapture, Hercules and Love Affair, The Juan Maclean ou os ingleses Hot Chip e outras fóra do selo DFA como: The Bravery, Le Tigre, Fischerspooner, !!! ou Scissor Sisters.

Tamén dos Estados Unidos saían: Black Rebel Motorcycle Club, The Killers, Kings of Leon, The National, She Wants Revenge, The White Stripes, MGMT, The Gossip, Beach House, Animal Collective, Deerhunter, Spoon, We Are Scientists ou The Postal Service.

Dende Canada: Arcade Fire tocaba o ceo, Hot Hot Heat, Broken Social Scene, Caribou, The Organ, Crystal Castles, Death From Above 1979, Feist, The Hidden Cameras, Metric, Peaches, Tokio Police Club, The New Pornographers ou Stars.

En Francia: Justice, Phoenix e o selo Kitsuné, que sacaba os seus recopilatorios de bandas emerxentes.

Dende os países nórdicos salían bandas de pop do máis elegante, The Mary Onettes, Shout Out Louds, The Raveonttes, The Hives, Sambassadeur, Mando Diao, Peter Bjorn and John, The Legends, Lo-Fi-Fnk, The Knife, Veto e uns anos antes, Röyksopp e The Soundtrack Our Lives entre outros moitos. Dende Suecia o selo Labrador Records tivo moita parte de culpa do éxito de moitas de estas bandas.

En Australia cidades como Melburne e Sidney tamén se sumaron a troula en esos anos con grupos de synthpop e pop electrónico: Cut Copy, Midnight Juggernauts, Miami Horror, Bag Raiders, The Presets, Pnau, Van She. Tamén The Vines, Jet, Architecture in Helsinki, Wolfmother, Temper Trap ou dende Perth, Empire Of The Sun.

En Rusia, con bandas de cru postpunk como Manicure e Motorama.

En Alemania: Digitalism e The Robocop Kraus.

En Portugal: Norton, Linda Martini e X-Wife.

En Brasil: Cansei de Ser Sexy.

comentarios