O teatro e a danza invanden a #AxendaCostadaMorte

Completa fin de semana a que chega á Costa da Morte, que nos fai recuperar a #AxendaCostadaMorte de cada venres.
Cómpre, antes de repasar as citas vinculadas ao teatro ou a danza, un par de actividades singulars: O VI Certame Internacional de pintura ao aire que enchegará de arte todas as parroquias de Ponteceso durante a xornada do sábado.
Ademais, o Local Social das Pozacas, en Cerqueda, acollerá este sábado, a partir das 19:30h, unha gran Foliada. As Raigañas acollerán a pandereiteiras da AC Malante, Abaladeiras, Ac Trubisquiña Vimianzo, Os petadores de Zas, Cantigas e Agarimos, A Pontragha, As Andainas de Laxe, Adro de Baio, ACD Carcaxía, Alpendre de Oza, Banda de Gaitas de Carballo, Grupo de Baile e Gaitas Santaia, A. C. Donaire, Os Farrapos, As Lerchas da Agualada, entre outras.
Danza
Desembarca esta fin de semana con todo na Costa o Proxecto Escora, que deixa esta fin de semana 6 espectáculos de danza contemporána. O venres en Fisterra pola mañá e pola tarde en Muxía; o sábado pola mañá en Laxe e pola tarde en Camariñas; e o domingo, pola mañá en Caión e pola tarde en Malpica. Toda a info no seu programa.
Pero ademais, arrinca o programa Primavera enDanza de Carballo, co Colectivo Glovo, que actuará por primeira vez no Pazo da Cultura, presentando EM-NA o venres 22. O sábado 23 chega a compañía de Fran Sieira co espectáculo DeMente, que pretende dar visibilidade ás enfermidades mentais.
Teatro
O xoves continuou a programación de FEM (Festival Escena Muller) coa intervención ás 12:00 do 21 de Abril no CPI de Zas Judith Iglesias que participa no espazo “En común” cunha intervención sobre “Sexualidade”.
Tamén arranca a V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose cunha comedia que nos trae o grupo Hipócrita Teatro de Lugo. A representación de “Cásting”, dirixida ao público adulto, é ás 21:30 horas no Auditorio de Zas.
E a fin de semana chega completa. Ata o Auditorio do Centro Cultural de Muros desprázase a compañía costeira Talía Teatro co seu novo espectáculo “Morte accidental dun anarquista. A cita será o sábado ás 21:00h e as as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es.
A que nunca falla é a programación continua de Vimianzo, tanto para adultos como para cativos. Este sábado 23, ás 20:30h, o auditorio acolle a obra Drop, de Pista Catro. E para os nen@s, o domingo chega a Vimianzo a Ciclobiblitoeca do mítico Anxo Moure, ás 18:30h.

Por exemplo en Cee, co gallo do Día do Libro. O auditorio Baldomero Cores, da Casa da Cultura acolle o domingo ás 18:30h, o espectáculo teatral e familiar “Rubicundo”, de Ghazafellos, baseado no libro da escritora ceense Maria Canosa.
Pódese aproveitar a visita para coñecer a exposición “Agua”, con pinturas de Diego Pérez Carpeño.
Libros
- Presentación en Santa Comba do libro de Naufraxios de Rafael Lema. O venres ás 20:30 na Libraría Ler.
- Francisco Rodríguez presenta o seu libro sobre o “reino de Galiza“ en Cee. O venres ás 20:00h.
- Espiral Maior Foro celebra o Día do Libro coa escritora larachesa María Rei Vilas. O sábado ás 12:00h.