O TSXG anula o ERTE de XEAL
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza acaba de emitir sentenza pola que anula o ERTE que XEAL aplicou nas fábricas de Cee e Dumbría e nas centrais hidroeléctricas entre o 21 e abril de o 3 de xullo de 2020, xa que “non existían causas organizativas e que o único que buscaba a dirección era aproveitarse da pandemia para aforrar cartos e avanzar no plan de recorte da produción”.
A anulación do ERTE, segundo a CIG, “supón que a empresa ten que pagarlle aos traballadores e ás traballadoras os correspondentes salarios deixados de percibir durante o tempo que estiveron no paro e ademais XEAL deberá reintegrar todas as prestacións por desemprego que foron abonadas polo Servizo Público de Emprego”.
O sindicato maioritario considera que a ”sentenza do TSXG constata a mala fe da empresa durante todo o período de consultas ao non facilitar toda a documentación requirida pola parte social para o desenvolvemento das negociacións e incluso critica a conduta de XEAL por ocultar información de relevancia como a substitución da produción do forno 14 (de silico manganeso) polo forno 12 (de ferro silicio). Este cambio produtivo executouse o día despois de rematar o período de consultas (20 de abril de 2020), malia que a empresa xustificaba o ERTE en que ía concentrar toda a produción ordinaria en dúas unidades produtivas, pero con esta mudanza dende o 21 de abril xa non habería produción de silico manganeso na fábrica de Cee”.
A resolución recolle que “na operación de compra venda debería garantirse para as plantas da Costa da Morte un trato equivalente ao do resto das fábricas de Ferroglobe, pero mentres que as factorías de FerroGlobe estaban naquela altura a plena produción, XEAL paraba fornos e formulaba este ERTE”.
A sección sindical da CIG lembra que “non houbo en ningunha outra industria electrointesiva un ERTE por causa da pandemia, xa que tivo a consideración de esencial, e mantivéronse a pleno rendemento aproveitando o baixo prezo da enerxía”.
Para a CIG “volve confirmarse a fraude e o absoluto despropósito que supuxo a operación de venda do complexo industrial e enerxético e, cunha sentenza favorábel máis na man, reclámalle a Xunta que interveña para evitar a situación de inviabilidade e ruína á que XEAL está levando as fábricas”. Así mesmo, “a Xunta debe actuar para garantir que se cumpre o obxecto concesional: a viabilidade e pleno funcionamento dos fornos e das fábricas".
NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA
- 08-04-2021: O Parlamento Galego afondou, sen solucións, sobre a problemática de XEAL.
- Marzo 2021: Denuncian que Xeal continúa o desmantelamento do emprego mesmo nas empresas auxiliares.
- Marzo 2021: Os traballadores de XEAL reivindican na rúa a posta en marcha dos fornos "Xa!”.
- Febreiro 2021: Lémbranlle á Xunta a “condición esencial” do mantemento da actividade industrial nas concesións hidráulicas de XEAL.
- Febreiro 2021:O Comité de XEAL lamenta que o esquecemento da Xunta.
- 09-02-2021: XEAL pon en marcha o forno 22 da fábrica de Dumbría ante o suposto incremento da demanda de ferrosilicio,
- 08-02-2021: Comité de XEAL: "O que chaman Plan de Investimentos non é máis que unhas obras de chapa e pintura”.
- 05-02-2021: Denuncian que XEAL non compra materia prima a pesar de que remata o ERTE.
- 23-01-2021: Outro venres ás portas da fábrica de Brens esperando a chamada da Xunta.
- 15-01-2021: Os traballadores de XEAL denuncian que a produción das fábricas non chega ao 10%
- 13-01-2021: "XEAL volve evidenciar o seu único interese polo substancioso negocio enerxético”.
- 12-01-2020: As mobilizacións do Comité de XEAL volveron ás portas da fábrica
- Os traballadores de XEAL usan o lote de Nadal para dinamizar o comercio local.
- 29-11-2020: Os traballadores de XEAL seguen enchendo as rúas de loita social.
- 21-11-2020: Os traballadores de XEAL non descansan e manteñen o seu calendario de mobilizacións.
- 18-11-2020: O TSXG asegura a vinculación das fábricas e a produción eléctrica de XEAL.
- 14-11-2020: O persoal de XEAL segue esixindo, na rúa, o Plan de Viabilidade.
- Outubro 2020O Comité na rúa mentres XEAL asegura ter investido 6 millóns en seguridade nas fábricas.
- 23-10-2020: A Xunta confírmalle ao Comité que XEAL incumple as esixencia da administración.
- 16-10-2020: Conflito XEAL: Outro venres máis na rúa.
- 10-10-2020: As mobilizacións dos traballadores de XEAL poñen o foco na Xunta.
- 07-10-2020: Os traballadores de XEAL pídenlle aos rexedores que non fiquen “pasivos ante o desmantelamento das fábricas”.
- 02-10-2020: O Comité de XEAL pediulle á Xunta que actúe xa ante o "desmantelamento" das fábricas.
- 25-09-2020: “O que está a pasar nas fábricas da antiga Ferroatlántica é unha farsa e unha estafa”.