Martes. 22.10.2019
El tiempo

Unha mimosa cadeliña busca unha nova familia en Salvacadelos

Unha mimosa cadeliña busca unha nova familia en Salvacadelos

Hoxe, trala camada abandonada en Carnota, chega a Salvacadelos unha fermosa criatura de apenas 6 meses. A súa familia non pode seguir coidándoa polo que precisa un novo fogar.

Segundo nos contan, está en moi bo estado de saúde, cambiando os dentes e aprendendo a facer as súas cousiñas fóra. É lista e cariñosa, con mirada de xente, ollos verdes. Trátase dun cruce que aínda non conseguimos identificar, coas patas brancas e longas, color beige e sobre todo, "mui mui cariñosa coas persoas que a cuidamos", aseguran.

Iso si, avisan que é moi celosa de outros cans, por eso, acollesan que mellor sería que fose "filla única", porque quere toda a atención, mimiños e demais. Dannos máis datos aínda: non é de ladrar e ten todas as vacinas ademais do microchip de identificación, ou sexa, lista para que a alguen a adopte!

Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Historias Bonitas de Salvacadelos

Fonte

Comentarios