luns. 21.04.2025
El tiempo

Unha pequena axuda para a brava Protectora de Carballo

Unha pequena axuda para a brava Protectora de Carballo
Peton do Lobo axuda a Protectora de Carballo

Hai proxectos que merecen todos os recoñecementos posibles. E o que fai Araceli Vila Regueira na súa Asociación Protectora Amigos de los Perros de Carballo non ten parangón. E hai quen llo quere recoñecer como a Asociación Petón do Lobo. Aí estaba Ismael López, da Asociación Petón do Lobo, que fixo entrega esta fin de semana do bote recadado como consecuencia de 1 semana de busca de fondos para os animais da protectora.

A cantidade recadada nunha semana ascende a 130 euros en efectivo, e 40 kg de penso para os cans e gatos. Un pequeno gran de area para que a protectora siga medrando.

Campaña de concienciación de Argos e Salvacadelos

Máis información de Salvacadelos

Salvacadelos é unha iniciativa solidaria desenvolta na rede por QPC. posta en marcha pola Clínica Veterinaria Argos de Cee e patrocinada por Stolt Sea Farm e Prodemar. Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios