Luns. 06.05.2024
El tiempo

O xérmolo de N.E.V.E.R.M.O.R.E.

Miguel de Lira no Peche do Nunca Mais en Laxe en 2002
Miguel de Lira cos nenos da vila durante o peche do #NuncaMáis en Laxe en 2002. Foto: Agustín Lamela
O xérmolo de N.E.V.E.R.M.O.R.E.

compañía Chévere Teatro leva ano e medio espallando por todo o país a súa obra N.E.V.E.R.M.O.R.E. Presentada en Madrid, xunto co Centro Dramático Nacional en 2021, a arriscada obra, premio de Artes Escénicas 2022, leva contando como foi a xestión política da catástrofe medioambiental do Prestige, no marco do 20 aniversario. Unha obra que se basea no relato de 6 persoeiros que viviron moi de preto a traxedia, 5 deles da Costa da Morte, e que utiliza as súas palabras e sons desenvoltos polos actores en directo para repasar como os nosos políticos se empeñaron en facer máis e máis dramática a desfeita.
Unha obra que tamén saca a relucir a esperanza xerada pola Marea Branca e pon en valor a mobilización cidadá creada arredor do movemento #NuncaMáis.

Coñeceremos de preto na seguinte entrega desta reportaxe aos persoeiros nos que se basea a obra, pero queremos hoxe afondar no seu nacemento. O propio Miguel de Lira explica na representación que a obra nace na súa cabeza durante o confinamento, cando, como fixemos moit@s de nós, mergullábase no faiado, rescatando unha “caixa negra” cos obxectos que gardara do peche de protesta que realizaron moitos activistas culturais galegos durante varias semanas no Salón de Plenos do Concello de Laxe.
A partir de aí, o liracho, pensando no 20 aniversario, foi debullando cos seus compañeiros como levar aquela historia ao escenario.

Peche do Nunca Mais en Laxe en 2002
Xentes da cultura galega no peche de Nunca Máis en Laxe

Un ano antes, na primaveira de 2019 a nosa colaboradora María Bella desenvolvía o proxecto “Un Nunca Máis contado polas fillas de man”, como resposta a unha colaboración entre a Asociación Unha Gran Burla Negra e o Museo Man de Camelle. “Un proxecto que pretendía reactivar a memoria do Nunca Máis na Costa da Morte”, explícanos a doutora en Coñecemento Curatorial afincada na comarca, que culminaba nunha exposición que nno Museo acompañadas deunhas históricas Asembleas para colectivizar a memoria.

Para desevolver o proxecto Bella realizou arrredor de 25 entrevistas a distintos implicados ou afectados pola crises do Prestige en distintas partes do territorio de Costa da Morte e que pasaron a formar parte do Arquivo Vivo da Asociación Unha Gran Burla Negra.

E aí, despois de que Miguel de Lira trasladase a idea á compañía, o seu director Xesús Ron, púxose en contacto con María Bella para conseguir todo ese material. A compañía analizou todo o contido e valorou unha marea de opcións, decantándose polos 6 relatos que hoxe forman parte da historia da escena galega: David Trillo (Capitán Marítimo de Brens, Cee), Viki Rivadulla (artista de Muxía), Marisol Soneira (política de Camariñas), Emilio Roca (mestre do do IES Ponte do Porto) e Sven (voluntario aficando en Carnota), ademais de Nito Dios (mariñeiro da Arousa).

Evento en Corcubion de Nevermore
Evento celebrado en Corcubión o 5 de decembro

Un dos “eventos orixe” da obra celebrouse o 5 de decembro de 2021 en Corcubión. Unha Gran Burla Negra e Chévere unían actores con protagonistas, para que os actores lle devolvesen aos persoeiros reais parte do seu legado. Dun lado os costeiros, do outro os Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, Borja Fernández e Tone Martínez.

”Foi un encontro moi emotivo”, lembra Bella, “ese contar dos actores de como foi o seu proceso de encarnar o papel e os roles das persoas reais, xerándose un diálogo aberto entre actores e persoas reais moi potente”.

Miguel de Lira en Corcubion co encontro de nevermore
Miguel de Lira en Corcubión

A partir de aí, as historias dos costeiros foron espallándose por toda a xeografía española e galega, e aínda a día de hoxe segue enchendo escenarios como acontecía o pasado mes de marzo en Carballo.

Toda esta recuperación da memoria desde un ámbito artístico serviu logo para desenvolver o podcast de Carne Cruda sobre o 20 aniversario “Prestige. Cuando el mar se quedó mudo”.

Novas do proxecto

MÁIS NOVAS DO PRESTIGE

ARTIGOS RELACIONADOS

Comentarios