Mércores. 30.11.2022
El tiempo

Xuízo Prestige: López-Sors culpa a empresa de rescate do destino final do “Prestige”

Xuízo Prestige: López-Sors culpa a empresa de rescate do destino final do “Prestige”
López-Sors respondendo as preguntas da avogada da armadora MareShiping, María José Rodríguez

José Luis López-Sors continuaba esta mañá a súa declaración no marco das vistas polo xuízo da catástrofe do “Prestige” no inicio da cuarta semana do proceso.
O ex Director da Mariña Mercante, o único imputado político no xuízo, respostou primeiro a preguntas do avogado da Agrupación Arco Iris, nas que fixo referencia as medida adoitadas de cara a recoller o fuel “que sabíamos que debíamos recollelo no mar principalmente e impedir que chegara a terra”.

“O Barco embarrancado tería sido tremendo, nas rochas, vertendo fuel case dosificadamente, durante anos, ocasionando graves danos a sociedade da zona”, dixo o exdirector da Mariña Mercante no marco do seu relato sobre as accións contra a contaminación.

Sobre a actitude da empresa de salvamento que dende o día 15 se encargaba do Prestige, López-Sors afirmou que “a empresa de salvamento non actuou debidamente. Viría moi ben que tiveran actuado dende as 21 horas (do día 13) cando foron autorizados”. “Nós, en ausencia de falar con eles (con Smit) decidimos un rumbo, porque non sabíamos a onde quería ir a empresa de rescate”.

Continuou López-Sors: “cando Smit non estaba para tomar decisións as tomamos nós. Se a decisión tivera sido achegar o barco a costa, teríamos que asumir o risco de que se seguirán rompendo os cables de remolque que romperán unha ducia de veces. A nosa capacidade de reacción a esa distancia tería sido moi inferior”. O ex Director considera que a decisión, así, estaba clara. “O que fixemos foi tratar de conseguir un espazo de seguridade con rumbo sur-leste”.

"Pensamos en introducir o barco nun porto-refuxio. O único viable era a Coruña pola refinería, e senón Ares, ou Ferrol por Reganosa. Pero os informes falaban de que era unha temeridade" dixo López-Sors. Sobre a posibilidade de introducilo en Corcubión tamén foi claro “os ventos predominantes nesa ría son do sur-leste e teríanse comido o barco en dous días”, como recollemos neste audio:

Ir a descargar

Rescatadora responsable

“O que Smit tiña que facer era buscar mares tranquilos. Non me consta que Smit falara coas autoridades Francesas e que estas lle prohibirán coller rumbo norte. Pero ignoro se foi así. É posible que si, pero o ignoro” dixo o ex Director da Mariña Mercante que se ratificou en que “era a Smit a quen lle correspondía tomalo mando do buque dende ese momento, nós só tiñamos que poñer medios para apoialos se era preciso”, concluíu.

“Tratábase de defender as costas españolas”, insiste López-Sors que en toda a súa declaración o avogado de Arco Iris continuou defendendo o argumento do afastamento coma mellor decisión para as intereses do litoral galego. “O rumbo errático e o cambio de remolcadores, que produciu maiores vertidos, sucede baixo goberno de Smit”. “Ese rumbo produciuse despois do cambio de goberno entre a administración española e Smit. A administración, por lei, debe retirarse cando chega a empresa de salvamento.”

Negativas e conflitos coa propietaria

Xa a preguntas da avogada da propietaria MareShiping como acusación contra o exdirector da Marina Mercante, a letrada María José Rodríguez preguntaba sobre o porque da negativa a que, xunto co técnico Serafín Díaz que embarcou o día 14 as cinco da tarde, subirán tamén o Helimer técnicos de Smit que tiñan solicitado facelo pero os que non se permitiu acceder o mercante.
Mesmo ás nove e media daquela noite, se aborta unha segunda saída de técnicos da empresa de salvamento que querían acceder o mesmo para facerse co control da situación “Non sei exactamente cal é a razón, pero eran horas de moito traballo, exceso de horas de voo para o Helimer e descoñezo o por que da negativa a transportar a eses técnicos o Prestige”.

Nembargantes diferentes conversas transcritas confirman que López-Sors era coñecedor desas negativas, aínda que el negou en todo momento “ter falado nin cos medios, nin co centro de coordinación de Finisterre nin cos remolcadores”.

“Non é certo que vostedes negaron o acceso o barco a empresa de rescate ata que se asínase a orde de manter o mercante afastado mais de 120 millas da costa?”, pregunta a letrada da armadora “O ignoro. Eu non estaba alí”. Nembargantes, a petición desta letrada, a sala coñeceu do documento que as autoridades españolas obrigaron a formar a empresa rescatadora, na que esta se comprometía a manter o buque a mais de 120 millas das augas xurisdicionais españolas.

Insistindo na situación do mercante no momento da traxedia sobre a contaminación “en todo momento o barco estaba vertendo, segundo as informacións que nos chegaban”. “O propio Serafín (Díaz) tiña coma cometido confirmar as informacions que iamos recibindo”.

Plan de continxencia

Sobre o plan de continxencia, di López-Sors que “Estaba totalmente virxe. Que existiran puntos discordantes (na administración) é lóxico”. Insiste a avogada da propietaria en saber por que non se mantivo reunión técnica algunha previa o día 19 “non se nos ocorriu”.

Fontes de información

Na quenda final, o letrado encargado da defensa da mesma empresa propietaria, Santiago Zabaleta, preguntaba a López-Sors no marco dun tenso debate, polo por que de que se recorrise, coma fontes de información, a persoas, funcionarios e capitáns non técnicos e que parece que “pasaban por aí”. “Pois así é” recoñecía López-Sors “pasaban por alí e por iso recorríamos a eles, porque nos daban datos de primeira man”.

Afastamento

Sobre o afastamento, pregunta o letrado “se trataba de afastar a augas tranquilas ou de que? Por que entón non se toma rumbo sur?”. “Nun primeiro momento e sen remolque, a min me parecía máis interesante levar o barco cara o mar mellor que cara a costa e iso din como filosofía, pero non existía remolque”.

Dentro da dura conversa entre o avogado da defensa da propietaria o letrado chegou a cuestionarse si “non estaba vostede prefabricando un desastre” a vista dalgunha das decisións de López-Sors aqueles días sobre as medidas para evitar a contaminación “Non, non era así” resposta o acusado.

O letrado opina claramente que “as súas decisións foron tomadas sen ter en conta criterio técnico algún, e desoíndo os seus subordinados, que non estaban para nada de acordo co seu criterio”. López-Sors defendese e afirma que “había liberdade de opinión”. “O que eu lle digo é que esta vostede utilizando varias conversas e igual o que hai que facer é preguntarlle a esas persoas cales eran as súas coordenadas mentais no momento no que dicían iso”.

“Non será que polo seu carácter forte e executivo non fixo vostede caso a ninguén e continuou co seu criterio inicial?” preguntou o avogado, sen obter resposta.
“Pero, con datos novos, porque non reevaluou a sua decisión o día 15 ou o 16?”. “Nos avalíamos e reevaluamos e do noso criterio vimos que o escenario non cambiou o suficiente para cambiar de decisión”.

Nun tenso interrogatorio, López-Sors negou que tivera nada que ver co retraso de Smit en chegar o lugar do desastre “eu non tiven nada que ver en que chegaran sen equipamento, en voo comercial e que preferiran negociar en Londres a achegarse aquí”.

Inmersos nun profundo debate, máis que nun interrogatorio, remataban por hoxe as preguntas do letrado da defensa de Mare Shiping que continuara maña a partires das 09:30h da mañá.

  • José Luís Louzán, enviado especial de QPC e GC.

Seguemento especial do Prestige, gracias a Suministros Lar

Suministros Lar colabora no seguemento especial do xuizo do Prestige con QPC

Novas relacionadas

Fonte

comentarios