#AxendaCostadaMorte: Os Reis pechan un nadal rico rico


Fin de semana de Reis e con ela pechamos o Nadal 2013 e recibimos ao 2014. Poucas citas temos recollidas na AxendaCostadaMorte máis alá das citas para os cativos, pero temos un par que cómpre reseñar: A homenaxe á Rexoubeira de Bergantiños en Seavia, Coristanco, a golpe de regueifa; e o Concurso da Tapa Muxiá, unha das citas gastronómicas máis esperadas do ano. Ademais, en Carballo teremos un concerto Dixie na noite sabatina.
E comezamos o repaso das citas máis de nadal por Ponteceso, onde xa o xoves 3 de xaneiro ás 18:00h da tarde, no Edificio das Escolas, continuamos coa programación de Nadal con Cine de Nadal. Poderemos ver Gru2, un filme para todos os públicos.
Ademais, o Concello organizará unha cabalgata por todas as parroquias do Concello o sábado 4 de xaneiro. O domingo 5 de xaneiro ás cinco da tarde no pavillón municipal en Ponteceso, terá lugar a festa de reis con inchables e xogos para os rapaces. Tamén se ofrecerá unha degustación de roscón de reis con chocolate.
Seguimos por Muxía, onde os reis volverán ser os protagonistas cunha Cabalgata durante a tarde do domingo. Ademais, os reis poderán degustar as marabillas do V Concurso da Tapa Muxiá.
En Dumbría os Reis están esta tarde de xoves de visita, e para mañá venres, ás 17:00h no Conco, toca sesión de música infantil con Pablo Díaz e Olga Kirk co espectáculo "Cantámosche os Reis".
Mentres, en Vimianzo hoxe xoves toca tarde de xogos xigantes con Duendesico na Casa da Cultura. Para o venres, ás 17:00h na Casa da Cultura obradoiro de Cartas e merenda co Carteiro Real. O venres, xa ás 20:00h, a Sala de Exposicións Antón Mouzo inaugura a nova exposición de pintura de María Jesús Pérez Gabirta, e os Reis volverán ser protagonistas o domingo dende ás 11:00h pasando por todas as parroquias do Concello, e rematando pola tarde coa visita ao Xeriátrico, a Centro de Día e á VIvenda Comunitaria, e ao auditorio da Casa da Cultura.
Por Fisterra teremos varias citas. O domingo 5 de xaneiro haberá a tradicional Cabalgata de Reis, dende as 16:00h que sairá de Sardiñeiro, estando a partir das 18:00h de pasarrúas por Fisterra para rematar no Pavillón Municipal nunha festa completa para os cativos.
Ademais, para o martes 7, o Crebanoces estará ás 18:00h no Salón de Actos do Concello.
Non paran por Carballo co seu completo Nadal. E os Reis serán protagonistas na capital berngantiñá tamén. O sábado, cabalgata a partir das 15:30 pola Ardaña. O domingo toca cabalgata por Carballo, dende ás 17:30h, pero tamén por Baldaio, Bértoa, Verdillo, Sísamo, Oza e Entrecruces como os anos pasados. E o luns rematan as citas coa Cabalgata desta volta por Razo, Lema, Cances, Sofán, Artes e Rus, e con varias citas co agasallo de reus en Brea e Artes.
Imos xa ata Baio, onde a FABA artella un completo. A cita máis salientable, a cabalgata dos reis e festa infantil para a tarde do domingo 5 de xaneiro.
Ademais, da man do Concello, en Zas haberá obradoiros de Nadal xoves venres e sábado de 16:00h a 18:00 no Centro Sociocultural de Baio, e o domingo Cabalgata ás 18:00h e Actuación de Peter Punk ás 19:30h no Centro Sociocultural de Zas.
En Cee teremos o o hoxe xoves unha festa de inchables pola tarde no pavillón. Para o venres ás 16:30h na Escola de Música queda un Obradoiro de Coroas e de Cartas para os reis. Para o sábado haberá unha nova Festa Infantil na Praza (ou no Salón de Actos se chove) a partir das 16:30h. E para o domingo, Cabalgata a partir das 17:00h polas rúas ceenses, con remate na Praza ou no pavillón se chove.
Tamén en Laxe haberá obradoiros de decoración estes xoves e venres, e para o domingo Cabalgata de Reis, dende as 15:00h polas rúas, e recepción no polideportivo ás 17:30h.
Ademais, en Cabana toca este domingo ás 17:30h no Auditorio Municipal, un concerto didáctico para os peques con Mamá Cabra.
Máis información
Novas de Nadal
Programas de Nadal
- O deporte protagoniza o Nadal da Faba en Baio.
- Un Nadal de música, poesía e teatro en Cee.
- Polo Nadal, en Laxe xogamos todos.
- 50 cousas que facer este Nadal en Carballo.
- Vimianzo prepara un Nadal.
- Ponteceso continúa co seu Nadal Máxico.
- Zas prepara un Nadal de tradicións.
- Dumbría soña polo Nadal.
- Muxia xa ten o seu programa de Nadal.
- Menudo Nadal máxico en Ponteceso.
- Os Empresarios de Ponteceso preparan un Nadal Tecnolóxico.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).