O FIOT tamén se come
Un FIOT para todos os sentidos. Esa é unha das premisas do Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo FIOT para este curso. E así o comprobamos, por exemplo, ca proposta “Dálle un bocado ao FIOT”, que introduce o teatro en 16 establecementos de hostalería carballeses.
De feito, “Edipo” ou “La vida es sueño” non só son títulos de teatro clásico, senón tamén os nomes dalgúns dos “bocados” que servirán os hostaleiros carballeses que participan nesta diferente ruta gastronómica que será inaugurada este venres, coincidindo co primeiro espectáculo de sala do Festival Internacional Outono de Teatro.
Nas 16 cafeterías, bares, tabernas e restaurantes que finalmente se sumaron á iniciativa haberá durante os días 10, 12, 17, 18, 25, 26 e 31 de outubro e 1 e 2 de novembro unha ambientación teatral que permitirá identificar claramente os locais participantes. A Concellería de Promoción Económica de Carballo levará a cabo unha ampla promoción da ruta en prensa, radio e redes sociais. E entre todos os clientes sortearase un premio que consiste en dúas entradas para un espectáculo da próxima edición, con aloxamento, cea e almorzo nun hotel carballés. O obxectivo, explica o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, non é outro que contribuír á dinamización do sector.
16 establecimentos
Nos establecementos participantes serviranse, segundo o tipo de negocio, bocados a 2 euros e almorzos ou merendas a 3 euros. Estas son os locais e as súas propostas:
- Valle Inclán - “Divinas palabras” (froita de temporada, iogur con pebidas de chocolate, torrada e café ou infusión).
- Colón - “Calderón de la Barca” (zume natural de laranxa e framboesa, cake caseiro de noces e café)
- O Mexillón – “Don Juan Tenorio” (espárrago recheo).
- A Cabaña – “O abanico da Cabaña” (porco ibérico con pementos de Padrón e patacas).
- Embajador – “Voadora” (polo á améndoa con ensalada e patacas).
- Pazo da Cultura – “Sancho Panza” (base de pemento, carne picada, queixo fundido e patacas).
- O Xabarín - “En familia” (filloa rechea).
- A Cova - “Tosta Micaela” (tosta quente de pan de Carballo, salsa de guacamole, xamón serrán, champiñóns e salmón afumado).
- Cervantes – “El abuelo” (crema de iogur, marmelada de cabaza, quinúa e castaña, café e auga de mazá).
- La Bombonera - “Edipo” (zume de laranxa, torradas e café).
- Abastos - “Tres sombreros de copa” (tosta de rolliños de salmón afumado).
- O Pescador - “O incerto señor don Hamlet” (albóndiga de polbo).
- Ágora - “Torre de Verona” (tosta con filete de ternera, cebola caramelizada, pemento do Piquillo e ovo fritido”.
- Ánfora - “La taberna fantástica” (emparedado de carne confitada con patacas panadeira).
- Tomasa “La vida es sueño” (zume de laranxa natural, croissant recheo e café).
- A Barra - “O Fidalgo” (xarrete estofado con verduras ao Mencía).
Máis información
- Programa Completo do FIOT 2014 [pdf].
- Cita a cita en www.axendacostadamorte.com.
Novas relacionadas
- Aprendendo a ser bo espectador.
- O FIOT convirte ás tabernas de Carballo en lugares de culto na Rúa dos Contos.
- Xa están á venda as entradas Non Identificadas do FIOT.
- Unha marea de actividades paralelas para facer máis grande o FIOT.
- Un Xograr moi titiriteiro.
- O Fiotiño, ou como soñar unha noite de teatro.
- O 23º FIOT revisa os clásicos coas mellores compañías de España.
- Mofa e Befa inaugurarán o FIOT máis Voluntario.
- 2014: Xa está en marcha o FIOT 2014.
- 2014: O FIOT adica a súa XXIII edición os grandes clásicos.
- 2013: Máis de 9.000 amantes do teatro disfrutaron da mellor edición da historia do FIOT.
- 2013: Un xograr de ouro para Pico.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- FIOT.
- Concello de Carballo.