Martes. 15.10.2024
El tiempo

Rexenerando Carballo a base de cor

Rexenerando Carballo a base de cor
Orgullosos e satisfeitos rematan por Carballo o #RexeneraFest17. Aínda cun par de obras sen rematar (farano durante luns e martes), 9 artistas deixaron a súa pegada de cor na vila carballesa. 9 grandes e feas fachadas de edicifios son xa 9 fermosos óleos de pura arte urbana internacional. Un xeito de humanizar as rúas, de darlle vida a unha vila urbanisticamente apocalíptica, que a base de cor, está chegando a ser ata atractiva. Todo, baixo o paraugas dunha iniciativa municipal, feito que hai que valorar pola escaseza de Concellos que aposten polo graffiti como forma artística que mellora a contorna. Así o comprobaron os máis de medio centenar de persoas que se achegaron ao roteiro guiado polas obras en marcha deste pasado domingo. Alí puideron comprobar o traballo do galego Sekone na rúa Avenida de Fisterra; dende Cambre, Yoseba MP deixou a súa vella heroína “Obelixa” na rúa Vila de Negreira; a catalana Cinta Vidal na rúa Vázquez Parga; o tamén catalán Saturno nunha das paredes do edificio do FORUM; dende Arxentina, AnimalitoLand, pintou un dos edificios da rúa Río Anllóns; o italiano Jorit deixou a súa pegada na rúa Luís Calvo; dende México, a Curiot tocoulle na rúa Gardenias; os galegos Nada/Isaac Fafián na rúa Doutor Fleming; e o galego Isaac Cordal na rúa Saúde. O festival incluíu ademais unha serie de conferencias e un fin de festa a base de música. Unha das obras do Rexenera Fest 2017 Unha das obras do Rexenera Fest 2017 Roteiro guiado no Rexenera Fest 2017 Roteiro guiado no Rexenera Fest 2017

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios